Comezan as obras no Campo de Fútbol de Camariñas

O campo de fútbol de Camariñas estase a remodelar completamente. Hoxe á mañá as palas empezaron a levantar o terreo do campo de fútbol de Camariñas. O cespede que era de herba natural sustituirase por un cespede artificial máis resistente para que poida xogar máis xente nel. ...

Sardiñas Frescas no Café Bar Victoria de Camariñas

O Café Bar Victoria reparte sardiñas todos os días do Veran. Xa non temos desculpa para non ir a tomar uns viños ao Victoria xa que Mario, veciño de Camariñas de todos nos coñecido queda desde este Verán recoñecido oficialmente como "Asador de Sardiñas do Bar  Victoria" (quen lle dera a Arguiñano) Este verán colleu o seu traxe de Chief e púxose "mans á obra" para asar as sardiñas máis sabrosas. ...

O Circo xa chegou a Xavina

Pequeno Circo de Francia chega a Xaviña cos seus "Feros Leóns.." Despois de uns anos sen recibir a visita de ningún representante da decadente farándula do Circo, onte en Xaviña recibimos ao Circo Francés para gozar do seu espectáculo. Nesta web aínda non sabemos cando son as actuacións, pero manterémosvos informados. ...

Novas inversións en Camariñas por parte do Estado Español e da Xunta de Galicia

En poucas semanas o concello empezará a adquirir as fincas para que o Estado comence a construir o paseo marítimo que enlazará a Carnicería con Cedeira e completar así o paseo xa existente da Area da Vila co casco urbán. Tamén están próximas a licitarse as obras de remodelación da praia do Campo e a Dársena que, según os cálculos da conselleira de Obras Públicas, estarán rematadas antes de que acabe o próximo ano. ...

A nova lonxa de Camariñas

Pese a estar casi rematada aínda non hai data para a súa posta en funcionamento. Segundo o Patrón Maior de Camariñas, José Manuel de Chone, ata finais de ano non se poñerá en funcionamento a nova lonxa de Camariñas. Parece ser que aínda faltan os aparellos e mobiliario para controlar todo o sistema informático. Podedes ver mesta web un  artigo de opinión da Deputada Autonómica e Secretaria de Movementos Migratorios da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE Marisol Soneira no que explica pormenorizadamente todos os detalles de porque está así a obra da Lonxa. Artigo de Marisol Soneira no que explica...