- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Xaneiro 2009 09 Xaneiro 2009

Pois xa que estamos en crisis perpetua, da gusto dar noticias como estas que fan recordar os mellores tempos da flota do cerco camariñana. Resulta que esta semana foi unha das máis exitosas para os barcos camariñáns no que se refire a capturas e ao valor destas no mercado, así poidemos constatar que foron moitos os barcos adicados á rede en Camariñas que fixeron un bo mes en tan so tres días de traballo. Tres días, por outra parte, de intenso traballo, de pasar fríos e calamidades no mar que se ven recompensados con unha suculenta cifra económica e que fará que este pobo olvidado e deixado da man de Dios recupere sen axuda de nadie a súa propia vida.
Certamente houbo casos nos que os mariñeiros de certos barcos partirán este sábado cerca de 1000 euros por cabeza nesta semana de traballo que, debido a escaseza de capturas en outros portos, trouxo a Camariñas as mellores ofertas para adquirir a preciada carne do xurelo. Así e todo tamén debemos dicir que esta semana esperase que moitos barcos que tantos e tantos favores lle fixeron á flota camariñana noutros tempos non moi lexanos se acerquen ás nosas costas para saborear as cremosas capturas que recollen os nosos sufridos mariñeiros no noso mar. Gustaríanos saber que pasaria se fose ao revés. Bueno, felicidades a todos os barcos camariñáns e que siga a boa racha.




























Comentarios
ENHORABOA AMIJOS
Antonio
A TODO ESTO..ESTO DIXO UN LOBO..PERO DE TERRA POR JRASIA OU DESJRASIA.
SALUDOS
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.