- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Xaneiro 2009 07 Xaneiro 2009
Este venres coñecerase o gañador do concurso de escaparates

Xa remataron estas festas de navidad e con elas remata tamén o concurso de escaparates que a Asociación de Empresarios de Camariñas convocou para dictaminar o establecimento que decorou as súas tendas máis orixinalmente. O caso é que en camarinas.eu adelantamos un pouco ao veredicto e nunha enquisa sen precedentes no noso concello con caseque 12.000 votos en menos de dúas semanas (cousa que fará chorar de rabia e envidia a algúns), parece ser que os que máis gustaron aos miles de usuarios de camarinas.eu foron os realizados por "Juana´s Sport", "A Xoiería do Encaixe", "Encaixes Gelines" e "Agasallos Ánxeles".
De todos modos tamén queremos informar que este venres farase un pequeno recibimento a todos os socios da Asociación de Empresarios de Camariñas que organiza no complexo turístico Aldea Madeira unha pequena gala ao estilo de Hollywood onde serán repartidos uns pinchiños preparados polos alumnos da Escola Taller e onde se procederá a entregar os premios do Concurso de Escaparates. Pulsa na foto para ver unhas cantas instantaneas realizadas polo mesmísimo Alcalde de Camariñas que xunta outros ilustres camariñáns formaban parte do xurado deste orixinal concurso.
Este venres coñecerase o gañador do concurso de escaparates
Xa remataron estas festas de navidad e con elas remata tamén o concurso de escaparates que a Asociación de Empresarios de Camariñas convocou para dictaminar o establecimento que decorou as súas tendas máis orixinalmente. O caso é que en camarinas.eu adelantamos un pouco ao veredicto e nunha enquisa sen precedentes no noso concello con caseque 12.000 votos, parece ser que os que máis gustaron aos miles de usuarios de camarinas.eu foron os de "Juana´s Sport", "A Xoiería do Encaixe" e "Encaixes Gelines".
De todos modos tamén queremos informar que este venres farase un pequeno recibimento a todos os socios da Asociación de Empresarios de Camariñas que organiza no complexo turístico Aldea Madeira unha pequena gala ao estilo de Hollywood onde serán repartidos uns pinchiños preparados polos alumnos da Escola Taller e onde se procederá a entregar os premios do Concurso de Escaparates.
{multithumbs}
Comentarios
SORTE A TODOS.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.