- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Xaneiro 2009 06 Xaneiro 2009
A gran dama do socialismo camariñán
Si a anterior edición do Fotos Históricas de Camarinas.eu estivo adicada a un dos políticos máis sobresaíntes do centro-dereita en España nos últimos 50 anos, Adolfo Suárez, desta volta tócalle o turno a unha persoa non menos importante para o centro-esquerda e non só no Concello de Camariñas: estamos falando de María del Carmen Caamaño de León, Carmucha, a que segundo contan as crónicas foi a primeira muller afiliada ao PSOE no Concello e que durante tantos anos fixo tocar os tambores electorales do socialismo a un ritmo tan trepidante e endemoniado que o levou a un auténtico regueiro de victorias mediante un carrexamiento intensivo de votos ás urnas nos diferentes combates electorais.
Contan de Carmucha que cando, nas innumerables contiendas electorais que lle tocou vivir, a cita cas urnas se aachegaba á súa recta final, a semellanza da célebre escea dos forzados a remar nas galeras ao son dos tambores no oscarizado film de William Wyler de 1956 "Ben-Hur", a gran dama do socialismo camariñán marcaba unha "boga de voto" tan frenética e implacable que alí, xusto no decisivo sprint final no que moitas veces se decide todo, os rivais acababan por desfondarse ante tal demostración de forza e poderío, e esto levaba ao PSOE a gañar unha elección tras outra, alomenos nos feudos rexentados pola man de ferro de Carmucha.
María del Carmen Caamaño de León, a muller que tan decisiva sería para o socialismo camariñán e por ende, para o de toda a Costa da Morte, nacía na Ponte do Porto, rúa das Barrosas, un primeiro de setembro de 1956, en pleno réxime do Xeneral Franco. O feito de que aos dous anos falecese o seu pai faría que Carmucha quedase aos coidados do seu avó, dato de gran relevancia para a súa biografía, xa que este, un republicano de fortes conviccións esquerdistas que chegou a estar durante anos internado trala Guerra Civil nun campo de concentración franquista, lle inculcará unhas ideas de esquerdas que xa nunca abandonarán a unha muller que será clave posteriormente, durante a Transición, para convertir o Concello de Camariñas nun baluarte socialista.
Pero antes de que eso suceda, tras sacar na súa amada Ponte do Porto o graduado escolar por libre, marcha baixo os coidados dunha tía a Bilbao, onde traballará como dependienta nunha tenda de roupa durante 6 anos (1974-1980) e onde terá lugar un fito clave na vida de Carmucha: a afiliación ao sindicato da Unión General de Trabajadores (UGT) en 1976 nunha convulsionada España que daba os seus primeiros e balbuceantes pasos cara a democracia. A saudade porteña fai que volte á súa terra natal, traballando nunha perfumería de Muxía e implicándose xa en serio co PSOE nos diferentes procesos electorais, ben como interventora, ben como activa axente electoral. Finamente, o día 1 de Maio de 1985, Día dos Traballadores, ingresa oficialmente no Partido Socialista como afiliada nº 15 16 028, dato que a convirte na primeira muller con carnet socialista do Concello de Camariñas. Ademáis o feito de estar dotada dunha gran beleza natural fará que todos aqueles que comenzamos a saír de movida na Ponte do Porto das boas épocas de principios-mediados dos noventa sempre recordemos a Carmucha como unha señora dunha presencia impoñente e de carácter dicharacheiro e moi festivo.
Ideolóxicamente falando, Carmucha defínese como "de esquerdas", socialista, deixando claro que nunca tivo coqueteos co comunismo dado o carácter férreo e tan pouco dado a liberdade do mesmo, tal e como reflexaban os exemplos a seguir nas épocas en que Carmucha formou o seu universo político: a Unión Soviética, China ou Cuba, cas súas grandes matanzas por poñer tan só tres exemplos. Asemesmo, defínese sen dudalo un instante como "felipista", considerando por elo que si ben José Luis Zapatero é un gran político, Felipe González será para toda a súa xeración o gran referente político, incluso por encima doutro dos seus preferidos: Alfonso Guerra. Sen embargo a súa maior alegría política non virá ca victoria de Felipe nas Eleccións Xerais de 1982, senón co primer triunfo socialista nunhas eleccións municipais no Concello de Camariñas, cando na cita de 1983 o equipo comandado por Bautista Santos Ramos tras ser impugnadas dúas mesas e repetirse a consulta cas urnas, logra unha victoria aínda maior.
Respecto ao que o futuro deparará á gran dama do socialismo camariñán, preguntada si marcará o ritmo dos tambores electorales nas vindeiras citas cas urnas no Concello de Camariñas, responde cunha negativa respecto ás eleccións municipais e autonómicas, dadas as súas diferencias co actual equipo de goberno, estando no aire a súa participación nas próximas xenerais, as cales en principio deberían ter lugar nunha data tan lonxana como 2012. Pero a sentencia que fará emocionarse especialmente a Carmucha é a que da ó responder sobre o político que lembra como máis valioso na historia do socialismo do Concello de Camariñas:
"Todos aqueles compañeiros de cando empecei, especialmente aquel equipo fantástico vencedor das eleccións municipais de 1983, moitos dos cales siguen sendo para min compañeiros e amigos"












Comentarios
SAUDOS
VITO
bueno pos sige asi e nunca cambies, un bicaso a angelita q a qero un monton
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.