- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Xaneiro 2009 05 Xaneiro 2009
Luns de traballo en terra no Porto de Camariñas

Belén M, a embarcación do Rocco quedou limpia como unha patena tralos expertos cuidados de Manolo
Darse unha volta polo porto camariñán na mañá dun día laboral sempre é un placer para o paseante que pode desfrutar duns intres libres mentras o mariñeiro camariñán prepara con mimo e esforzo as súas embarcacións e aparellos para a dura loita cotidiana contra o mar. Desta maneira, nunha mañán de primeiros de ano, a do 5 de xaneiro do ano do noso Señor 2009, atopamos nun pequeno cachiño de terra, nun recuncho, na rampa do Espigón a dous grandes amigos de camarinas.eu e expertos homes de mar: Manolo "O Rocco" e Pedro "O Panadeiro". Alí poidemos compartir da man do Rocco as vivencias dun día de traballo en terra en Camariñas: pago de seguros, cambios de aceite, limpieza do casco, etc. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería fotográfica.
Luns de traballo en terra en Camariñas
Ben, parece que se acaban estas festas e os
mariñeiros despois duns días de descanso comezan a acicalar e preparar
as súas embarcacións para enfrentarse en perfectas condicións a un ano
2009 que se presenta oscuro e bizantino. Así hoxe, no Muelle Novo,
exactamente na rampla entre o espigón e o CNC poidemos ver os traballos
dun dos nosos queridos amigos, o Rocco, que estaba preparando a súa
lancha de nome Belen M. para cambiarlle os aceites de cola, do motor e
dos elevadores. Eso foi despois do traballo administrativo, aburrido e monótono, pero imprescindible para actuar dentro dun marco legal que cada vez estrangula máis o sinxelo mariñeiro de a pe: pago de seguros, permisos, etc...
Tamén andaba por alí Miguel da Ponte do Porto, o cal
estaba subindo a súa lancha "Foxx" dende un dos pantaláns do Club Náutico axudado do noso amigo o "Rancho Junior" para levala a reparar a Laxe.
Finalmente, en tan pequeno espacio os osperarios do Talleres Unión
estaban cambiando os zincs do casco do barco camellán "Juan Pedro 1".
Estes aparellos úsanse para que o salitre non corroa a quilla da
embarcación así como para preservar os aparatos da sonda da corrosión
que a auga salgada produce en case todos os metales, sendo axudados na súa labor polos dous coñecidos mariñeiros indonesios que dende hai xa uns anos traballan neste barco pertencente a unha familia de armadores de Camelle. En definitiva, esta redacción no seu paseo de vagabundeo da mañán do 5 de xaneiro de 2009 observou algo que se fai na nosa vila dende a orixe dos tempos: unha mañá de traballo en terra no porto camariñán.











Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.