- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Xaneiro 2009 04 Xaneiro 2009
Arturo de Genucha pesca dúas impresionantes lubinas

Así de lozana e fermosa lucía a lubina capturada por Arturo en Reira o día 29 de decembro
O gran amigo de camarinas.eu Arturo Pasantes Alborés, máis coñecido en Camariñas como Arturo de Genucha, envíanos dúas impresionantes fotografías co resultado da pesca deportiva que o levou o luns 29 de decembro ata Reira: dúas exhuberantes lubinas de sete kilos e medio cada unha delas. Dous exemplares dunha beleza tal que merecían por si mesmos nin máis nin menos que unha portada de camarinas.eu. Ademáis, dado de que esta é unha das webs con maior grado de difusión da Provincia da Coruña (a Costa da Morte empézanos a quedar pequena para análises comparativos) publicámola ca esperanza de que sexa un reclamo para incrementar o turismo no noso concello, un abundante e fértil paraíso natural para os amantes da práctica da pesca deportiva. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa.
Arturo de Genucha pesca dúas impresionantes lubinas

Así de lozana e fermosa lucía a lubina capturada por Arturo en Reira o día 29 de decembro
O caso é que últimamente case todo o que nos ofrece o mar camariñán parece ter un carácter enorme: non temos máis que recordar o extrano e inexplicado caso dos calamares xigantes pescados polos nosos usuarios Pedro de Marisa ou Carlos Carril Ageitos (Kalaña), caso ao que agora hai que sumar o destas impresionantes lubinas capturadas por Arturo nas fermosas e salvaxes plaias de Reira. E claro, aquí en camarinas.eu démoslle voltas ao asunto e xa temos unha explicación (por supuesto destartalada) para estes fenómenos paranormales que serán analizados na sección correspondiente da web cas súas derivadas e estacasos correspondientes.
En todo caso, non é de agora a abundancia de lubinas polas distintas plaias de Reira, especialmente no entorno do Monte Blanco, unha auténtico viveiro destes sabroso e exquisito peixe que no seu momento dou nome a un dos barcos máis lexendarios e impoñentes da antiga Flota camariñana, o patroneado polo mítico e recordado mariñeiro (así se consideraba el, non lle gustaba que o chamasen armador) Sr. Manolo de Perrúa. En fin, en camarinas.eu non puidemos confirmar si as dúas lubinas, ou polo menos unha delas, tiveron por destino o banquete de fin de ano na casa da familia composta polo noso querido amigo Arturo máis a súa dona, que rexenta a tenda de regalos Beymi, diante do Paseo Marítimo camariñán, ao carón da tenda de encaixe María Julia, pero sabendo que estamos en presencia dun tan consumado pescador, non nos extrañaría que no futuro volvésemos a publicar unha noticia deste tipo.


Comentarios
FELISIDADES AMIJO
Teu pai (qepd) e máis eu, a parte de ser vesiños,eramos mui amijos.El está mui orjulloso do seu fillo.
Saudos a tua nai.
Antonio
SALUDOS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.