- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Xaneiro 2009 01 Xaneiro 2009
Flequi dou a luz unha patrulla de cachorriños

Flequi en plena acción policial contra o mundo do Crimen cando foi aquel asunto lamentable do yate da droga
Cando foi aquel triste e lamentable asunto do iate holandés "L'Hirondelle", fixo a súa impactante aparición nas páxinas de camarinas.eu "Flequi", unha Pastor de Brie de pura raza e de acreditado pedigree, que foi levada pola páxina líder da Costa Atlántica ao Muelle Novo para axudar ás Forzas da Lei no seu duro combate cotidiano contra o Imperio do Crimen Organizado. A fermosa cadeliña, que é propiedade do noso usuario Sergio Pasantes Campaña e da súa moza Pamela Rey e que en ocasións é subarrendada por esta web para botar unha man aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, truxo estes días ó mundo unha nova xeneración de PPC's. Pulsa na imaxe para saber como facerte cun destes expertos defensores da Lei e da Orde.
As Nuevas Generaciones do PPC xa están aquí

Ao igual que Marcos, Diego tamén decidío entrar na aristocracia camariñana comprando unha boina
Ademáis debemos ter en conta que xa cando fixera a súa primeira aparición nas nosas páxinas, chegaron a esta redacción multitude de correos de usuarios de Barcelona preguntando polas relacións de "Flequi" co Partido Popular de Cataluña (ou Catalunya, perdonen a nosa ignorancia), ou se a cadeliña estaba afiliada ao citado partido, chegando incluso a rumorearse polos máis elevados ambientes políticos cataláns que "Flequi" formaría parte das listas do PPC ao próximo Parlament catalán para desta forma intentar de poñer un pouco de cordura e acabar con disparates como o da inmersión linguística ou o da deriva independentista catalana. Por eso, para rematar dunha vez cos malentendidos, camarinas.eu aclara que nada máis lonxe da realidade. Queridos usuarios, Sergio Pasantes Campaña envíanos unha nota informativa onde descarta taxantemente estas informacións e onde nos sinala que dado o orixe belga da aristocrática cadela, se algún día se presentase a unhas eleccións, éstas serían ás do Parlamento Europeo con sede en Bruselas.
Zanxado este lamentable malentendido, nesa mesma nota, Sergio comunícanos que "Flequi" tras ser cruzada cun can da mesma raza e do máis alto pedigree, truxo a este mundo satisfactoriamente o 12 de decembro de 2008 unha camada de 10 canciños en perfecto estado de saúde. Estes cachorriños integrantes das Novas Xeracións do PPC (POLICÍA PERRUNA DE CAMARINAS.EU) están dispoñibles para toda España e entréganse vacunados e desparasitados aos
dous meses de edade, libres de displasia de cadera e de cegueira nocturna. Os interesados en calqueira tipo de información ou reserva poden
mandar un e-mail a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar aos seguintes teléfonos: Pamela 655074631; Sergio 605037862.
En fin, pois aclarada esperamos que dunha vez esta confusión, só nos queda decirvos que aquí en camarinas.eu, dado o novo e recente linaxe aristocrático adquirido polos seus dous redactores, un entrando a formar parte do elitista e exclusivo Club Náutico de Camariñas, o outro, ingresando na nova progresía urbana mediante a compra dun elemento tan progresista e elemental nestes tempos postmodernos como o dunha boina de diseño italiano (non sabemos si de Armani Jeans ou de Versace), pois xa estamos pensando en adquirir un destes cans de tan alta alcurnia, acorde ca nosa nova e moi aristocrática posición (haberá que ir pensando tamén en ser nombrado Caballero del Imperio Británico ou recibir a Orde da Lexión Francesa) e olvidarnos dunha vez para sempre dos proletarios e multitudinarios cans do palleiro.
Nota aclaratoria: por si alguén toma esta noticia en serio, aclarar que esta foi dende o principio unha noticia destartalada, o sea, un disparate da primeira á última letra, onde o único certo é todo o relativo ó nacemento e venta dos cachorriños da nosa querida Flequi. En fin, ter que estar aclarando estas cousas a estas alturas...

Comentarios
( e unha coña,amijo...)
Antonio
SALUDOS
(sijen as coñas)
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.