4.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 4.67 (54 Votes)

A enchenta definitiva

A zorza provinte dun pobre cochino de Carnés chisporrotea suculenta na sartén do Arnela
A zorza provinte dun pobre cochino de Carnés chisporrotea suculenta na sartén do Arnela

Este venres 12 de decembro decidimos queimar as naves, arrexuntar entre todos os últimos céntimos polvorientos que quedaban nos nosos depauperados bolsillos e darnos a gran enchenta: a enchenta definitiva. Non sabemos si volveremos a probar alimento no que queda deste famento e nefasto 2008 pero entendíamos que era un xesto magnífico dunha arrogancia e altivez decadente sen precedentes. Desta forma despídense as Festas Gastronómicas de camarinas.eu alomenos polo que resta de ano, para a historia quedan cinco banquetes que ensinaron ao mundo como alimentarse en tempos de crisis, tempos de fame. Pulsa na imaxe para ver a galería fotográfica definitiva.

A enchenta definitiva

O menú arranchado por Maruja e Pilar foi, queridos usuarios un auténtico festín: berberechos, mexilóns e zorza dun porquiño do primo de Maruja criado o probiño alá nos fríos invernales siberianos de Carnés. O caso é que a Mantida decidío embutir uns bos chouriciños caseros a base da zorza do cochino en cuestión e gardou unha pouquiña zorza para fretila para a famenta cuadrilla chiquiteril que os vernres noite cal lobo famélico espera agazapada na barra do bar a que empeze o desfile dos manjares.

E así queridos usuarios decidimos tirar a casa pola ventana nun xesto magnífico, o futuro non nos importaba, estábamos entregados aos placeres sensuais da boa mesa: agora nesta azotada España tal vez suceda como na Ucrania de 1932-1933 cando as políticas da Colectivización Forzosa da terra do goberno comunista de Stalin provocaron unha atroz hambruna artificial na que morreron sobre 10.000.000 de persoas, ou cando o goberno asemesmo comunista da China de Mao provocou no campo co seu "Gran Salto Adelante" unha catástrofe sin igual na que morreron de fame uns 50 millóns de seres humanos, pode pasar decimos calquer cousa, pero a nos, despois da enchenta suculenta do vernres 12 de decembro de 2008, xa nos da igual.

Alí, ao calor que destila a cociña humilde e traballadora do Café Bar Arnela, reunímonos os amigos clásicos destas cinco históricas Festas Gastrónomicas, xente sinxela que se apoiou unha na outra para sobrelevar estes duros tempos: Jola, o Rocco, Maruja; o querido veciño do barrio de Corea J.A., Marisa, Pedro, Pilar, Javi Pérez, etc. Como dato anecdótico  desta postrera reunión señalar que por un lado botouse en falta a presencia do director de camarinas.eu que estaba na cena que o Psoe organizou en honor da súa abuela e da que nas próximas horas teredes cumprida información, e por outro a semellanza do histórico "Abrazo de Vergara" no que un día de agosto de 1839 se fundiron o General Carlista Maroto e o Liberal Espartero nun campo en Oñate (Guipúzcoa) para poñer fin á Primeira Guerra Carlista, o Secretario da directiva saliente do Club Náutico, Juan Esteban Campaña Carril, e o posible Comodoro da entrante, Marcos Vázquez Campaña, sellaron a paz e a colaboración para o futuro cunha foto non menos histórica que o célebre abrazo de 1839. E así transcurrío o banquete, fóra, no exterior,  no ciberespacio, unha páxina creada web hai menos de 16 meses chegaba no silencio da noite aos dous millóns de visitas...
 
P.D.: a redacción de camarinas.eu quere agradecer ás cinco damas que fixeron posible estes espléndidos cinco banquetes (Maruja, Marisa, Pilar, Jola e Gelinita), o honor que supuxo para esta, a web máis vista da historia da Costa da Morte e máis alá, estar invitada a todas elas. Gracias, mesdames.

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 13/12/2008 19:50
fasedes majas e mima a enchenta e boa siseñor ten boa pinta bueno que bos aporbeite jaja sijide asi vale bueno feliz navidad sefa e os pedros viva camariñas
Denunciar ante o administrador
adry
0 # MANDÁDEME ALGO OH...adry 14/12/2008 21:50
AY MIÑA NAI MÁS MARISA, PUXÉSTEDEVOS DACUERDO CA ROUPA LOGO,JAJJA...FA CEDES MAJAS E O CARALLO...BUENO SI ÉSTA É A ULTIMA, PA CANDO VAIA D VACACIÓNS XA M ENXO TODOS OS DÍAS LOGO...VEÑA Q XA PODÍA SER NAVIDADES PARA TAR AHÍ..BIKIÑOSS A TODOSSSS
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.