- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 10 Decembro 2008 10 Decembro 2008
Manolo de Brañas Verdes desintegra a Plaza a martillazos

Camarinas.eu non só fai un seguimento exhaustivo a aquelas obras presupuestadas en centos de miles de euros que son financiadas polas grandes administracións públicas e que tanto lles gusta inaugurar aos políticos, senón que como web humilde que sobrevive de milagro e gracias as aportacións duns poucos patriotas camariñáns e dos centos de asistentes á cenas masivas de financiación, tamén se detén naquelas pequenas obriñas do día a día das que se ocupa o esforzado Servicio Municipal de Vías e Obras, liderado polo clásico e gran amigo desta redacción Manuel Mouzo Lema, máis coñecido como Manolo de Brañas Verdes, e que tanto melloran a calidade de vida dos veciños.
O polifacético Manolo de Brañas Verdes en acción
O caso é que estaba este director a dar o seu obrigado paseíño de sobremesa que tanto lle axuda a digerir os alimentos tan ben condimentados pola súa nai, cando observou que no frío intenso da tarde, alí a carón da redacción, o esforzado equipo do servizo de vías e obras municipal trataba de arranxar na medida das súas posibiladades unha arqueta que quedara entupida debido a que algún veciño anónimo tirou polo váter abaixo aquelo que non debía. Eso foi o que nos contou un Manolo que debido ás erróneas indicacións dos lugareños non logrou atopar con anterioridade a arqueta maldita, picando por elo en lugares diferentes por media Plaza. Unha arqueta ademáis que foi sepultada con ocasión da última remodelación da Plaza Mayor (o gran barrio camariñán, tan olvidado hoxe en día) o que dificultou sobremaneira a súa labor. Algo que non volverá a pasar porque agora o equipo municipal levantará a citada arqueta ao nivel do chan e lle poñerá enriba unha tapa metálica, co cal arranxar o próximo entupimiento será coser y cantar. Estando polo medio un profesional como o polifacético Manolo, o home que odiaba os despachos e á xente que habita neles, non podía ser doutra forma.
Comentarios
ENHORABOA
Antonio
somos uns fenomenos !!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.