- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Decembro 2008 06 Decembro 2008
O día que o Presidente Suárez visitou Casa Sara
Hoxe é un día moi importante para todos os españoles, e non nos estamos referindo ao día do sacrificio do cordeiro sinalado como sagrado polo calendario musulmán (bueno, queremos decir por ahora...) e é que hoxe día 6 de decembro de 2008 celébrase o Día da Constitución, que cumpre nin máis nin menos 30 aniños. No día do seu cumpreanos, camarinas.eu quere homenaxear humildemente á nosa Carta Magna cun Fotos Históricas que recorda o día no que o principal impulsor da mesma e primer Presidente democrático en España despois de máis de 40 anos de Franquismo, Adolfo Suárez, visitou o noso Concello.
Corría outubro do ano 1985 cando segundo nos contou a nosa querida amiga Noruna, filla de Sara, a propietaria do lexendario restaurante xaviñán que leva o seu propio nome, o daquela ex-Presidente do Goberno de España Adolfo Suárez visitou o Concello de Camariñas facendo tal e como amosa a imaxe un alto no emblemático restaurante que legou o seu nome á recta na que está situado: a Recta de Sara.
Si decidimos recordar no día de hoxe 6 de decembro, 30º aniversario da Constitución Española de 1978, a Adolfo Suárez, fundador e líder da extinta UCD (Unión de Centro Democrático), posteriormente do CDS (Centro Democrático y Social), Presidente do Goberno de España de xullo de 1976 a xaneiro de 1981, é porque a pesares do tempo transcurrido, de que abandonou a Presidencia do Goberno en 1981 días antes do frustrado golpe de estado do Teniente Coronel da Guardia Civil Antonio Tejero, de que hoxe víctima da terrible enfermedade do Alzheimer nada recorde daqueles difíciles tempos, a pesares de todo esto decimos, sen dúbidas na alma do pobo español é recordado como o Presidente máis querido, máis valorado, como o home que representa mellor que ningún outro o retorno da Democracia a España e a promulgación da Constitución que garantiza o sistema de liberdades que temos. Por iso a mellor homenaxe que camarinas.eu como web líder deste olvidado rincón de España chamado Costa da Morte, pode renderlle ao Ex-Presidente Suárez no día do trixésimo aniversario da Constitución que el como ningún outro político contribuío a aprobar, é o de recordar as súas palabras de despedida ao, cansado das traicións de todos, incluindo as do propio Monarca, dimitir o 29 de xaneiro de 1981:


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.