- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Decembro 2008 06 Decembro 2008
A noite das mil e unha empanadas

Como cada venres noite, o Café Bar Arnela transmutouse no Paraíso Terrenal por unhas horas
Queridos amigos e amigas, na cuarta edición das Festas Gastronómicas de camarinas.eu no Café Bar Arnela, a nosa redactora culinaria Maruja do Mantido dou un xiro imprevisto á orientación da mellor e máis completa sección de gastronomía da Provincia de Coruña e comandando un equipo de expertas mulleres cociñeiras integrado por Isabel de África e a nosa inigualable Marisa, a musa oficial de camarinas.eu, decidío acercar a súa sección aos productos do mar homenaxeando cun suculento e apocalíptico banquete a un clásico camariñán e mariñeiro de toda a vida: a Empanada de masa de broa, é decir, a Empanada de Millo.
A noite das mil e unha empanadas
Un humilde e desestructurado redactor recorda nestas mañáns de sábado as obras dun xigante da literatura galega e española, o inigualable novelista, poeta, periodista pero sobre todo gastrónomo de Mondoñedo Álvaro Cunqueiro, e pensa que tal vez dende o seu retiro alá no lexendario Reino de Merlín ou nas illas acompañado do vello Simbad, estaría orgulloso desta iniciativa que catro amigos dunha peña dun olvidado bar da remota Costa Atlántica Galega puxeron en movemento nos días finais do ano do noso Señor Xesucristo de 2008.
E si os promotores desta iniciativa, da que tan orgulloso sen dúbidas se sentiría o gran escritor mindionense, a puxeron en marcha foi forzados pola situación desesperada na que uns cuantos incompetentes das altas esferas nos sumiron e da que decidimos saír gastronómicamente a base das económicas recetas caseiras de toda a vida, aquelas que xunto a lareira de pedra, ao carón do lagar, dende tempos inmemoriais fóronse sucedendo no seno desa institución tan desprestixiada agora nestes os tempos máis modernos e progresistas nunca vistos da historia, é decir, a familia, e que un día non tan lonxano nos legaron as nosas avoas e nais.
O manxar elexido nesta cuarta tanda de banquetes culinarios pola nosa redactora Maruja e o impresionante equipo de cociñeiras por ela comandado e formado integramente por patriotas do barrio de Corea foi a Empanada de millo, un clásico camariñán, cociñando estas maestras, en especial Isabel de Africa, catro impresionantes empanadas de xouba, sardiña, pulpo e berberecho. Temos que admitir que algún destes productos non é moi económico, e tal vez nun tempo non moi lonxano xa non estará ao alcance dos nosos depauperados e arruinados bolsillos, pero quizáis sexa hora de, incidindo en anteriores recomendacións, coller o toro polos cornos, dar un xermánico e militar paso da oca ao frente e ir a buscar por nos mesmos os nosos medios de sustento, neste caso os berberechos, ás praias xaviñanas do Ariño. Elo significaría que aos dous grupos actuales que xa operan no fértil areal xaviñán (legales e furtivos), añadiríaselle outro colectivo máis (novos furtivos), o que posiblemente acabaría conlevando que no Ariño tivese lugar entre estes tres grupos laborales un mortal combate de todos contra todos dunha intensidade e ferocidade nunca vista e que probablemente desencadearía que estas praias fosen o escenario da 3ª Guerra Mundial, o novo fito histórico que tralas dúas frustradas intentonas anteriores acontecidas nas rúas pobladas de desarrapados saint-culottes do París de 1789 (Revolución Francesa) e nas do nevado Petrogrado de 1917, patrullado por salvaxes e implacables bandas armadas de obreros (Revolución Rusa), faría que a nosa querida parroquia xaviñana (asemesmo lugar de orixe remoto dun tipejo tan impresentable e lamentable como é un dos nosos redactores) fose o punto de partida no que se iniciase o sangriento motín final no que por fin a Civilización Occidental dobrara a rodilla e dera paso a un futuro moito máis luminoso sen dúbidas. Xa se sabe como empezan as revolucións, sempre algunha nimiedade mil veces acontecida e repetida que acaba estoupando nas mans duns mandatarios sobrepasados polos acontecementos. En fin, nada descartable nestes tempos turbulentos amigos, tempos nos que o irmán levantará a man contra o irmán, o fillo contra o pai, todos obrigados a sobrevivir da forma máis primaria e elemental. Que Dios polo menos nos colla confesados (aos católicos, queremos decir).
Comentarios
Creo que po próximo viernes ijual fasemos caldo de riola, queriamos faser un pequeno descanso pero Marisa e Pili xa me dixeron onte......po viernes que ven que fasemos?
FELISIDADES
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.