- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Decembro 2008 02 Decembro 2008
A invasión dos calamares xigantes

Pedro e a súa nai Marisa amosan o calamar xigante ás portas da súa casa na Rúa Vulcano
A Costa da Morte está a ser atacada por unha oleada de calamares xigantes. Despois das capturas de enormes exemplares destes monstruos marinos provintes dos fondos abisales acontecidas en Muxía e das que se facía eco a prensa recentemente, desta volta tocoulle o turno ao porto de Camariñas. Cara as oito da tarde do luns 1 de decembro, frente as costas de Nemiña, concretamente no lugar coñecido como Muñís, os tripulantes do barco camariñán da familia Campaña Pensado "Muro de Fontán" observaban abraiados como entre as redes do xurelo subían a bordo nin máis nin menos que dez calamares xigantes. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha ampla galería fotográfica sobre tal suceso inexplicable.
A invasión dos calamares xigantes
Un dos tripulantes do "Muro de Fontán" é o gran amigo desta redacción Pedro, ademáis de fillo da musa oficial de camarinas.eu Marisa, por eso unha vez comunicado tal evento inexplicable, esta redacción acercouse ata a emblemática Rúa Vulcano, pertencente ao distrito do barrio camariñán de Corea, lugar de residencia do matrimonio formado polos nosos queridos amigos Pedro Senior e Marisa para entrar en antecedentes. Alí, Pedro contounos que os exemplares captutrados entre unhas redes arriadas inicialmente en busca de xurelos eran dez, oito deles cun peso aproximado de tres kilogramos e medio, como o exemplar que lle tocou en sorte a Pedro, e outros dous de dous kilos, os cales foron repartidos igualitariamente entre a tripulación do barco camariñán.
Ante tal exemplar xigante, un auténtico monstruo marino, Marisa, experta cociñeira como temos ocasión de comprobar toda a ralea de vagos, chiquiteros e redactores (perdón pola redundancia) que pululamos absolutamente afameados polo Arnela os venres noite, comentou que ten en principio pensado conxelar tal exemplar enorme e quen sabe si un día teremos ocasión de degustar unha tapiña de tan suculento manjar submarino nun dos nosos venres gastronómicos do Café Bar Arnela. Despois de degustalo, non estaría mal saír a tomar uns máis que merecidos refrigerios cubateriles polo Camariña's Saturday Night Fever co noso querido amigo Pedro, tal e como este último sábado levou a cabo a redacción de camarinas.eu acompañada dun mito viviente como Juan do Penedo. O que sexa amigos, con tal de olvidarnos por un intre de tal invasión despiadada: que Dios nos colla confesados.


















Comentarios
O mais jrande fui o que me escapóu a mín no muelle novo.
Felisidades
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.