- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 29 Novembro 2008 29 Novembro 2008
O Imperio porcino ataca de nuevo

Así de humeante se mostraba o caldiño que abrigaba no seu interior os bolos de pote: un clásico ha vuelto
Pois na terceira edición das Xornadas Gastronómicas de camarinas.eu a sabiduría culinaria da nos querida redactora Maruja do Mantido chegou á súa apoteosis e ofrecío a toda a ralea de vagos, chiquiteros e redactores (perdón pola redundancia) que no venres noite pululaba afameada polo Arnela un impresionante cocido de porco acompañado de caldo de grelos e os insustituibles e inigualables bolos de pote: o clásico da Galicia mariñeira e campesina que caera no olvido pero que esta maestra da cociña rescatou cunha suculenta homenaxe. Pulsa na imaxe para ver a galería fotográfica que ilustra o festín propio de Dioses que uns cuantos privilexiados se deron na noite do venres 28 de novembro no Cafe Bar Arnela. Pasará á historia.
El Imperio porcino ataca de nuevo
En principio no estaba moi clara a participación dun humilde redactor que esto escribe no banquete terrible que ía acontecer como cada venres noite no Arnela: a chamada do deber facía que motivos de traballo puideran alonxalo do paraíso culinario no que se transmuta tódolos venres noite o bar paradigmático do barrio de Corea. As mesmas horas nas que este esforzado servidor do Estado cumpría co seu deber para ca patria, Maruja, acompañada da insustituible Marisa, a musa oficial de camarinas.eu, empezaba a dar os primeiros toques da que ía a ser sen dúbidas a mellor das tres xornadas gastronómicas desenroladas ata o de agora.
O menú elexido pola redactora culinaria de camarinas.eu reincidía na homenaxe ao cochino, base elemental da dieta galega mariñeira e labrega, acompañada dun clásico que caera no olvido e que esta gran cociñeira decidío repescar cunha homenaxe que o coloca xa nos altares gastronómicos da Costa da Morte. Sí, señores, estamos falando dos bolos de pote. Era curioso como os participantes no festín deste venres noite coincidían en manifestar que non recordaban a última vez que os degustaran, mentras que algún (un servidor) directamente non os comera na súa vida. Todo elo acompañado dun suculento cocido de porco da casa, con chorizos, fuciño, orella, touciño, en fin mucho de todo, como decía un dos protagonistas daquela lamentable e progre película dos 80 "Brubaker", protagonizada polo tamén progre Robert Redford, e un caldo de grelos, patacas e chícharos. Un manjar señores: haberá agora comidas mui modernas e mui chics destas que gustan a esa xente tan fashion que tantas leccións de moral da (actores, directores, etc), pero para nos, humildes traballadores, ante un cocido e un caldo non hai rival.
Despois ven a hora dos chopitos, dos cafés irlandeses (outro clásico repescado do olvido por outro gran sabio da boa vida: o noso querido amigo e maestro "Manolo o Rocco") e incluso ás últimas horas un coñecido hosteleiro local, que se vío privado por motivos inaplazables de traballo de tan apoteósico festín, fixo a súa aparición cun sorbette, pero para a nosa sorpresa decidío compartilo cos muchimillonarios e demáis xente importante que por alí había deixando sin nada ao humilde e esforzado pueblo traballador. Un pueblo humilde que tamén tiña dereito a ese sorbette e que ante estos tempos de fame tan negra que se aveciñan debería ir pensando en criar os seus propios porquiños para responder, como facemos nos, á crisis con comidas humildes e traballadoras. Que Dios nos colla confesados.
Comentarios
A ESTE PASO VAIS A ACAVAR COMO LUCHADORES DE SUMO.
Josiño tes rasón vamos a acabar como os luchadores de sumo,creo que xa estamos, pero estamos ensayando por si ven a crisis e estamos collendo reservas po resto do inverno.
Esta semana isabel de Africa vainos faser unhas empamnadas e millo con xoubas, que ques somos así de explendidos, unha semana tocalle de faser a uns as comidas e outra a outros, como vedes somos muy unidos todos pas comidas, as bebidas cada un paja as suas.
¡Que vida máis injrata!
Enhoraboa e que aproveite.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.