4.6734693877551 1 1 1 1 1 Rating 4.67 (49 Votes)

Contra a crisis: as recetas de camarinas.eu

¡Ay, amigos! Iremos a quiebra radical, pero antes vamos a darnos unhas enchentas...
¡Ay, amigos! Iremos a quiebra radical, pero antes vamos a darnos unhas enchentas...

Cando ahí atrás chamaban aos que alertaban de que estabamos ás portas dunha crisis económica descomunal antipatriotas ou patriotas de hojalata que tanto ten, aquí en camarinas.eu, viñendo de quen viña, nin chispa de caso lles fixemos e preparámonos para o peor. Así, creouse o Gabinete de Crisis Culinario de camarinas.eu que tiña por obxecto polo menos unha vez á semana poñer en común entre varios usuarios diversos condimentos co obxectivo de preparar unha comida traballadora, humilde, ca que aforrarnos uns pesiños para poder sobrevivir un día máis nestes tempos turbulentos e de paso crear a sección de gastronomía, porque xa ía sendo hora de elevar a unha muller das cualidades de Maruja a Mantida á categoría de redactora culinaria da web máis vista da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para que se che faga a boca auga ca 1ª receta oficial de camarinas.eu.

Tortilla de travesas (Fellados de talladas)

A primeira comida elexida por Maruja para celebrar o seu ascenso no escalafón da páxina máis vista da historia da Costa da Morte fui un clásico obrero e campesino: Tortilla de travesas, tamén coñecida como "Fellados de talladas". Coa axuda inestimable na preparación e condimentación de tan suculento manjar de Marisa, María Pilar e como non Gelinita, Maruja púxose mans a obra con productos de primeira calidade: ovos da casa e touciño afumado de modo artesanal nos fríos intensos e siberianos da parroquia vimiancesa de Carnés, feudo inexpugnable do noso admirado Alessandros, rexidor único e perpetuo do querido concello limítrofe (vai haber que ir pensando en retomar a sección Claves...). O acompañamento elexido pola nosa flamante redactora foron pimientos de Padrón de Buría, o novo producto con denominación de orixe que acaba de irrumpir de forma impactante no mercado internacional pimenteril e pimentos italianos importados expresamente da rexión da Toscana, tamen de Buría.
Un plato humilde, señores, que requiere pouco tempo de preparación e cocción, con productos económicos e polo de agora o alcance da maioría das posibilidades pecuniarias dos nosos queridos usuarios que pode axudar a sobrelevar estos días de fame e frío que se aveciñan. Un plato que fixo que os parroquianos do Arnela deste venres noite se chuparan os dedos e non deixaran literalmente nin raspa. Uns asistentes entre os que se encontraban o noso querido (aínda que parezca increíble) veciño de Corea J.A.; Luis Esteiro Ramos, redactor de cine de camarinas.eu, que recluido na súa casa do paradigmático barrio camariñán do Castillo (a excepción que confirma a regla) prepara o asalto aos cruciais exames de decembro que lle permitirán obter a Diplomatura na difícil carreira de Económicas; os nosos usuarios Manuel de Lin e o Estudiante que celebran este 15 de novembro o primer aniversario da súa posta en liberdade e da máis impresionante explosión de felicidade popular que se vío na historia deste concello cando preto de 1.000 persoas se botaron ás rúas tal día como hoxe fai un ano, e tamén un novo veciño chegado recientemente a Camariñas cun pintoresco mostacho que ao parecer vive nunha illada fortaleza preto de Portoselo, protexido por fieros cans asesinos, ex-capitán secreto da Guardia Civil según se rumorea e que nas súas épocas de destino en Suiza chegou a facer doblar a rodilla ao mesmísimo Vladímir Putin, actual Primer Ministro da Federación Rusa, nas épocas nas que éste traballaba de espía do KGB na Alemania Oriental (noticia que será analizada en detalle nunha das próximas edicións da nosa sección "Noticias Destartaladas"). En fin, amigos, outro típico banquete suculento do Arnela. Non podía ser menos si nos fogóns se atopaba nin máis nin menos que Maruja a Mantida, a nova redactora de gastronomía de camarinas.eu.

Comentarios   

rubiasexy
0 # no arnelarubiasexy 15/11/2008 11:49
si señor fasedes majas siempre festa rachada eses si que son ovos tan amirllos eses son da casa do mantido jajaj mira marisa e e mas opedro esrades mui juapos pilarita mui juapa bueno estades todos diego o color narnja faio mas juapo vale vikos a todos viva viva camariñas
Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 15/11/2008 11:55
Bueno pois eu quero felicitar a Mantida por ese mais que merecido ascenso a redactora gastronómica, as tortillas teñen unha pinta estupenda, o malo e que non sei si estes novos xefes que tes ahora non se aproveitarán da túa sapiencia culinaria, jajaja, comen coma lobos famentos
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 15/11/2008 15:39
Rubia cando veñas tí,sejiemos fasendo festiñasde estas a baixo coste, xa sabes a crisis oblija, tamén desirlle a Billy e a estudiante que pa outra ves será ,eles xa me entenden a ver po proximo veirnes pero de todas formas non vos preocupedes e xa me encarjo eu de jardarvos aljo.
Denunciar ante o administrador
PIRUCA
0 # PIRUCA 16/11/2008 12:32
FAS MAJAS MANTIDA!!!!,QUE ENVIDIA DAN ESAS TORTILLAS E ESES PIMIENTIÑOS DE PADRÓN!!!
PASADELO PIPA,JAJA.
UN SAUDO PARA TODOS.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.