- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Novembro 2008 11 Novembro 2008
Os 28 anos do noso Sesiño

Un Sesiño de moi corta edade da os seus primeiros pasos polo lexendario e desaparecido Bar Plaza
Tal día como hoxe hai xa 28 anos viña ao mundo no elitista barrio da Plaza Maior de Camariñas, único e auténtico casco histórico da Vila dos Encaixes, un tal Sergio Pasantes Campaña, rapaz que enseguida foi bautizado pola canallería callejera que por aquel entonces pululaba pola gran Plaza camariñana como Sesiño. Aqueles malhechores, eternos rapaces maiores (algúns deles co paso dos anos reconvertidos a redactores de web de certo éxito), enseguida forxaron a súa imaxe e semellanza a aquel tímido rapaciño dunha delgadez extrema que recordaba aos fráxiles nenos que sufrían dunha terrible hambruna na remota Etiopía e que vío discurrir a súa infancia entre o extinto e lexendario Bar Plaza rexentado polos seus avós e a mítica Plaza, onde se xogaron decenas de miles de partidos de fútbol nos que se forxou o gran futbolista que Sesiño ía a ser no futuro.
Unha institución da Plaza de Camariñas cumpre anos
Sin embargo un día construiron naquela vella Plaza un Parque infantil con tobogáns e todo cambiou. Todos aqueles rapaces, maiores e pequenos, que compoñeran unha xeración única de maestros e alumnos dispersáronse polo mundo e naquel mítico barrio, hoxe tan olvidado e decaído, ninguén volvío a xogar ao fútbol. O destino elexido por Sesiño levouno a recalar nun recén estreado despois de centos de anos de existencia Exército profesional español e os destinos sucedéronse a través da nosa gran patria: Canarias, Melilla, Astorga, Jaca e agora finalmente Pontevedra, onde Sergio sirve na Brigada Lixeira Aerotransportada (BRILAT), con base en Figueirido.
Sin embargo como vedes os tempos cambian e un día chegaron uns señores que decidiron que había guerras boas e malas e nas primeiras aínda que si, bueno podía haber xente mala, no fondo non tiñan malas intencións e alí só íamos a estar cumprindo misións de paz, humanitarias, decían. Agora cando xa chegaron a España en avións militares 15 ataúdes provintes de Afganistán con membros do exército asesinados no que é a todas luces unha guerra, a maior parte deles con destino final na base da BRILAT, seguir sostendo en público o mesmo engano parece que non ten sentido, pero bueno, ahí siguen. Decimos esto porque hoxe, día de celebración para Sergio, dous máis dos seus compañeiros da Brilat eran velados en Figueirido. La muerte no es el final...
1980. Ano no que na Eurocopa de fútbol de Italia, España volvía a facer o ridículo e caía eliminada na primeira fase; no que o Real Madrid gañaba en maio unha liga que preludiaba catro anos de dominio intratable do fútbol vasco; ano no que os dinosaurios do rock daban os seus últimos coletazos con discos que pasarían á historia: David Bowie con "Scary Monsters and Super Creeps", Queen con "The Game", os Rolling Stones con "Emotional Rescue"; no que U2 daba os seus primeiros pasos con "Boy"; anos de transición política onde as cousas non estaban aínda moi claras... Anos e anos nos que todo cambiou e que puideron traer a felicidade ou non traela como lembraba o célebre e problemático conto de Tendryakov, pero para aquela xeración de rapaces camariñáns, maestros e noveles (miran con admiración tus laureles), siempre nos quedará a Plaza. Aquela Plaza Mayor de Camariñas.
Comentarios
Espero que o pases ben e que teñas bos regalos. ¿Cales son os bos regalos? Pois creo que o millor regalo que podes ter e seguir sendo como eres bo rapas, ter a mosa tan boiña como tes e, sobre todo ter a ese PPC (Perro Policia de Camarinas.eu): O Flequi, que desde que fui o do Yate del Amor quedou medio loco. É broma!!! Cuidadevos muito sesiño, ¡¡ERES O MILLOR!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.