- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Outubro 2008 25 Outubro 2008

Jesús Pena, o vendedor que repartío este venres case que 350.000 euros en Camariñas
Contra a crisis económica, ¡temporal de millóns!
Esta tarde tivemos coñecemento por medio do vendedor de cupóns da ONCE en Camariñas, o carballés Jesús Pena, dun premio que agraciou con un total de 350.000 euros a 10 afortunados clientes do noso querido amigo Jesús. O premio foi repartido entre 10 boletos que foron vendidos íntegramente no Concello de Camariñas co cal cada persona que teña un destes agraciados billetes cobrará un total de 35.000 euros. Jesús Pena dounos a entender que xa ten coñecemento de 8 persoas dos 10 agraciados os cales, sen dúbida, terán un bo detalle co noso vendedor preferido do cupón da ONCE. Para finalizar dicir que o número premiado foi o 48.174. ¿Será este un pequeno adelanto do Gordo de Nadal? Nos creemos que si.
Imaxe do boleto co número 48.174 que foi premiado con 35.000 euros por cupón. Xa nos podemos olvidar da crisis.
Comentarios
SORTE A TODOS OS CAMARIÑAS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.