- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Outubro 2008 05 Outubro 2008
Os tres ánxeles que viñeron do Norte

As nosas tres rubias Anna, Marie e Annika posan co Faro Vilán ao fondo
Pois pasou o de sempre: estaba a redacción este sábado no Café Bar Arnela tomando os seus consabidos refrigerios cubateriles e perfilando os detalles sobre os próximos nombramientos do Presidente e Vicepresidente de Honor de camarinas.eu (atención á Cena Presidencial que se aveciña para o próximo fin de semana) cando toda a cuadrilla chiquiteril que estaba no Arnela a ver a tunda que o Barsa lle metía ao desdichado Atleti quedou ca boca aberta cando tres ánxeles rubios que parecían chegados dende o mesmísimo ceo fixeron a súa entrada pola porta. Pulsa na foto para ver a nova reportaxe de camarinas.eu ben aderezada de cremosas fotos.
Os tres ánxeles que viñeron do Norte
Como vedes xa nin tan siquera hai que moverse, basta con sentarse
tranquilamente no Arnela a tomar Jack Daniel's con Coca Cola, que as
noticias xa virán por si solas a ti. Así que unha vez que estas tres
belezas teutónicas fixeron a súa impactante entrada en escena, esta
redacción coñecida a súa abnegada capacidade de levar a cabo misións
desagradables, decidío sacrificarse unha vez máis pola web e co seu xa
ben coñecido olfato xornalístico acercouse ata a mesa das tres ninfas
de cabelo de ouro, porque estaba claro que tiñan un orixe lonxano e
septentrional.
Esto último confirmouse unha vez que trabamos
coñecemento con Annika, Marie e Anna, tres simpáticas xóvenes alemanas
de 21, 23 e 24 anos respectivamente que están a percorrer a Costa
Galega na súa caravana acompañadas pola súa cadela "Cougar". Proveñen
de Friburgo (Freiburg) unha cidade universitaria de 214.000 habitantes
pertencente ao Land de Baden-Wurtemberg, land veciño ao da Vieja
Baviera, polo que non hai que descartar que a súa chegada a Camariñas
viñera motivada pola lectura intensiva e omnisciente dos manuscritos,
tristes e melancólicos, do noso querido Barón Von Mark. Acaban de
rematar os seus estudios universitarios de Pedagoxía na Universidade na
que se licenciou en estudios superiores a primeira muller alemana e
polo tanto esta viaxe é unha especie de premio que se dan a si mesmas,
tendo proxectado continuar co mesmo por período dun ano.
Inquiridas polas principais impresións que están a sacar desta Costa da
Morte nosa, cóntanos que son as do carácter alegre e xovial da xente, a
pouca estatura dos homes frente ao superhome alemán, as moitas obras
que atoparon na cidade da Coruña, a beleza salvaxe das nosas praias e o
do sabor ao parecer insuperable da cervexa "Estrella Galicia" ("Me
gosta mocho Estreia Galissia"). Na Coruña coñeceron a un rapaz polaco
que lles contou maravillas desta nosa vila mariñeira e non o dubidaron
e acercáronse ata Camariñas onde xa levan uns días tendo a caravana
aparcada no Barrio de Corea, sendo xa as novas veciñas deste
paradigmático barrio camariñán. En fin, ao final vai resultar que se
cumpliron as prediccións do noso director cando soltou no Libro de
Visitas aquelo de "¡¡Somos de Corea!!".









Comentarios
Sejuron que dentro de vinte anos cas arrujas na cara volveran a este sitio distinto.
Un saludo rubiazas.
jajajja como destaca no medio delas xa fasia tempo que non o via oh pero o reportaxe esta como todo que sacas siempre DEMASIADO CHAVAL
Moi ben, si señor, diego e marcos...jaja
que pillabáns, a web é o vóso mcguffin ...jajaja.
xenial a reportaxe...
Pd. e algo de envexa tamén eh..
Xa non sen si me denunciara as de ijualdade, pero bueno a vos tamen vos pajo veña...un paquete de tampaxx..jjejej
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.