- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 24 Setembro 2008 24 Setembro 2008
A semana pasada a redacción de Camarinas.eu recibía un correo da productora Plató 1000. A misiva encheu de ledicia a esta redacción xa que a dita productora, que traballa para a Televisión de Galicia, pretendía realizar unha pequena reportaxe sobre unha das noticias que publicara Camarinas.eu hai uns meses. "Mensaxe nunha botella", a noticia que nos puxo en contacto co rapaz francés Romain Chavantré, era a nova que a TVG quería recrear nun pequeno documental para un programa infantil chamado "O País dos ananos".
Este martes 23 de setembro sobre as 4 da tarde chegaba o equipo da productora encargada de realizar a reportaxe ao Bar Arnela, onde esperábamos xa impacientes os que ibamos a ser protagonistas deste: Un rapaz da Ponte do Porto chamado Daniel, Diego Alonso e o que iba a facer de pescador que atopou a botella interpretado maxistralmente por José López Vázquez "Molina". Así, despois de tomar uns cafés e unhas manzanillas dirixímonos ao primeiro lugar onde se produxeron os acontecementos desta pequena aventura: A Punta do Boi, donde foi atopada a botella coa mensaxe que Romain arroxou ao mar na lonxana cidade de Olone Sur Mer, en Francia. Alí, Molina, interprentando ao pescador que atopou a botella fixo un papel digno do millor actor de Hollywood. Despois fixo a súa aparición estelar o noso director que, tras varias miradas ao obxectivo da cámara levando a todo o equipo a repetir varias veces a misma escena, logrou balbucear un par de palabras que rapidamente serán borradas trala post-producción
Despois desta escena marchamos cara o paseo marítimo de Camariñas onde fixemos outra serie de esceas ante a atenta mirada de tódolos transeúntes camariñáns que por alí pasaban. Foi aquí onde entrou o neno, Daniel, que facía de fío conductor da historia facendo varias preguntas ao noso sobreactuado director que finalmente, recordou varias escenas do mellor Marlon Brando pero nada fixo, debido a que naquel frenético momento vía todo borroso.
Ao final da reportaxe fíxose na Ponte do Porto onde nos esperaba Marie France (a traductora da carta que nos mandara Romain Chavantre) e alí xa foi todo un recital de interpretacións por parte do noso director. Pois xa vedes, unha das increíbles historias que vos contamos en camarinas.eu foi utilizada para realizar un pequeno reportaxe por parte da TVG que pronto sairá a luz e do cal vos teremos ben informados proximamente.
Noticias relacionadas coa "Mensaxe nunha botella" de Romain Chavantré
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.