- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Setembro 2008 22 Setembro 2008

Fardos ... de etiquetas de Tabaco
A verdade é que o Café Bar Arnela aporta a camarinas.eu máis noticias que cuarenta tanatorios xuntos. O caso é que entras un día calquera alí para tomar un refrigerio (cubateril ou non, de feito os que se dedican á sufrida e nunca ben remunerada función pública toman café) e sales cunha noticia feita. E verídica, sin contraanálisis. Este foi o que sucedeu cun dos clientes míticos do Arnela, José López Vázquez, alias "Molina", o cal gardaba en secreto na súa casa un importante alijo de fardos de ... etiquetas de Tabaco. Nova reportaxe de Camarinas.eu sobre o posible récord Guinness que estuvo larvándose en secreto nestes últimos tempos na vila milenaria de Camariñas.
Cando alá en 1952 na señorial vila de Betanzos á idade de 12 anos un José López Vázquez que comenzaba a traballar de criado collío por primeira vez entre os dentes un pitillo, non podía imaxinar que 56 anos despois ía a reunir nuns ben apretadiños e prensados fardos centos e centos de miles das etiquetas impositivas que as caxetillas de tabaco traen consigo, non só para acreditar ante as autoridades tributarias do noso país o patriotismo económico dun Molina que xamáis fumara tabaco de contrabando, senón tamén para conseguir con elas un pequeno "obsequio" que lle permita darse unha máis que merecido homenaxe.O número de etiquetas reunidas por Molina é inxente, se ben o noso querido amigo tras calarse un sombreiro de cowboy que "ten máis de 60 anos, posto que xa pertencío ao meu pai", déixase levar polo entusiasmo do récord acadado e asegura sen pestañear que o número de etiquetas chega "aos 12 millóns de unidades" reunidas en ano e medio por Gelinita que pacientemente lle gardaba as etiquetas de toda cajetilla que caía nas súas mans no Arnela e polo propio Molina escarbando en tódolos paquetes que encontraba tirados polas calles de Camariñas sobre todo nos seus paseos ata Area da Vila.
Pero o problema é que Molina non sabe a quen lle ten que mandar as citadas etiquetas para recibir un máis que merecido estipendio: ¿a Hacienda? ¿a Tabacalera? Por eso solicita axuda de quen lle poda indicar con exactitude o lugar de destino das mesmas. En canto ao regalo, nada quere saber dunha silla de rodas, que solía ser o regalo habitual nestes casos, xa que según el mesmo afirma (e esta redacción da fe delo) atópase como un chaval. Agora ben, que temblen os cimientos de Tabacalera Española: como Molina non reciba o seu "obsequio" amenaza con deixar de fumar a súa cajetilla diaria de Chester. Unha vez xa estivo seis anos sin fumar, pero agora a súa cólera podería ser terrible...Tabacalera (agora Altadis) podería perder ao seu mellor cliente.
Comentarios
si señor sije asi e adeljasache + a barrijiña jajaja
saludos a tod@s q vos vaia bonito
Felicidades amijo
Antonio
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.