- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Setembro 2008 19 Setembro 2008
A fachada marítima casi a punto

Desta vez tocalle o seguimento que camarinas.eu fai as obras máis importantes do noso concello: a faraónica obra que está a transformar a nosa fachada marítima. As obras están financiadas pola Xunta de Galicia e constan de tres fases. A primeira xa está concluida a cal acondicionou a zona que vai desde o San Remo ata o Curbeiro. A segunda está xa na fase final, vai desde o Curbeiro ata o muelle novo. E a terceira, que se espera que empece a finais deste ano unirá mediante un paseo marítimo o Cansorro coa praia de Cedeira.
Agora estanse a reparar na primeira fase desta obra a gran maioría das farolas e como todos podedes ver nalgunha destas fotos xa hai algúns elementos do paseo que están rotos ou en mal estado. En efecto, todos os que pasedes por diante de Mapfre poderedes ver que hai varios tubos de metal que sirven para separar a vía peatonal tirados nun xardín contiguo que máis ben parece unha selva tropical debido a gran cantidade de herba sen cortar. En fin, a fachada marítima de Camariñas parece que vai a quedar preciosa pero, coma sempre pasa en Camariñas, a asignatura pendiente será o mantemento en bo estado das nosas infraestructuras. Pulsa na foto para ver unhas imaxes do estado de ditas obras e uns videos nos que verás a evolución da fachada marítima de Camariñas.
A fachada marítima casi a punto
Desta vez tocalle o seguimento que camarinas.eu fai as obras máis importantes do noso concello: a faraónica obra que está a transformar a nosa fachada marítima. As obras están financiadas pola Xunta de Galicia e constan de tres fases. A primeira xa está concluida a cal acondicionou a zona que vai desde o San Remo ata o Curbeiro. A segunda está xa na fase final, vai desde o Curbeiro ata o muelle novo. E a terceira, que se espera que empece a finais deste ano unirá mediante un paseo marítimo o Cansorro coa praia de Cedeira.
Agora estanse a reparar na primeira fase desta obra a gran maioría das farolas e como todos podedes ver nalgunha destas fotos xa hai algúns elementos do paseo que están rotos ou en mal estado. En efecto, todos os que pasedes por diante de Mapfre poderedes ver que hai varios tubos de metal que sirven para separar a vía peatonal tirados nun xardín contiguo que máis ben parece unha selva tropical debido a gran cantidade de herba sen cortar. En fin, a fachada marítima de Camariñas parece que vai a quedar preciosa pero, coma sempre pasa en Camariñas, a asignatura pendiente será o mantemento en bo estado das nosas infraestructuras.








Comentarios
Sería un orgullo para nuestro pueblo y un reclamo turístico.
Saludos
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.