4.6730769230769 1 1 1 1 1 Rating 4.67 (52 Votes)

Unha muller pesca un billete de 50 euros en Camariñas

Este peixiño inanimado trouxo consigo 50 euros ben cremosos
Este peixiño inanimado trouxo consigo 50 euros ben cremosos

Pensábamos que dende que o noso usuario Mario pescara un calamar de cerca de 10 kilos en Fuerteventura xa viramos todo no relativo á pesca, pero o fondo do mar non para de mostrarnos máis curiosidades. Este luns pasado e en presencia de toda a parroquia calamareira que se concentra no Muelle Novo de Camariñas cada noite, unha coñecida muller camariñana trouxo dende o fondo do fangoso mar do novo peirao camariñán algo que non esperaba pescar en toda a súa vida. A pesca desta muller foi nin máis nin menos que un billete de 50 euros ben encartadiño.

Hoxe poidemos falar con varios testigos do feito que nos xuraron que eles mesmos pensaban que era un algaso ou un cartón pero que cando a muller quixo limpar a potera douse conta, ao mesmo tempo que todos os alí presentes, que se trataba dun billete de 50 euros. Foi a millor pesca que capturou na súa vida seguramente e todos os calamareiros puxéronse nese momento a rastrear o fondo a ver si tiñan a mesma sorte. Non foi así. Desde camarinas.eu xa poidemos falar coa agrciada pescadora que nos contou toda a historia. Pulsa na foto para saber quen é.

Esta é a pescadora de calamares máis afortunada

Un calamar coma este foi o que capturou a nosa pescadora máis afortunada este luns en Camariñas
Un calamar coma este foi o que capturou a nosa pescadora máis afortunada este luns en Camariñas

Pois si, todos a coñecedes ben. A agraciada pescadora que sae na portada desta noticia e María a muller de Julio de Melania que conseguíu pescar o pasado luns un billete de 50 euros. Hoxe puidemos estar na súa casa onde nos contou con todo detalle o que lle aconteceu fai uns días. Ela díxonos que estaba a pasar un cachiño nos calamares coa súa filla e o seu home mentras estaba a conversar cuns amigos madrileños (María tamén é madrileña) cando o seu home lle recriminou que non falara tanto e que pescara máis. Ela, que xa tiña a potera no fondo, empezou a recoller a liña e nese momento comezou a notar que algo máis viña acompañando ao seu xa vello peixiño. O caso é que todos os alí presentes estaban pensando que das profundidades do muelle sairía un calamar chorreando tinta... ¡E VAIA CALAMAR! Despois, o home de María tivo que escuitar as mofas da súa muller: ¡Ves Julio! Esto si que es pescar!!

 

Comentarios   

mantida
0 # mantida 04/09/2008 18:59
haber si fui a miña amija Carmen que lle justa siempre ir os calamares, que volva a ir que sejuro pesca mais billetes.
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # ¡O FONDO DO MAR!JABA 04/09/2008 19:43
Temos tesouros perdidos no fondo do mar de Camariñas...... .aunke merda tamen hai unha pouca!
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # \"CACHO CALAMAR AMARILLO\"JABA 04/09/2008 20:02
¡Salioche a nuite redonda Maria!¡hoxe bon eu os calamares a ver si kollo un kilo de billetes!
Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 04/09/2008 20:08
Bueno, eu creo que esto son cousas que solo pasan en Camariñas...a ver si vamos a estar vivindo nunha especie de territorio máxico, algo así como o Macondo das novelas de García Márquez ou o condado de Yoknapataupha das obras de Faulkner...non sei, vai a haber que dedicar un editorial a esta cuestión, jajaj
P.D.: vaia olfato xornalístico o do noso director, non se lle escapa unha noticia, ¡qué tío!
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # SUERTErubiasexy 04/09/2008 21:23
MIMA ASTA EN CAMARIÑAS PESCAN CARTOS NON AHI PUEBLO COMO EL VIVA CAMARIÑAS ,,FELICIDADES SEFA E OS PEDROS
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.