- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 14 Agosto 2008 14 Agosto 2008
Comenza a chegar a axuda humanitaria

Este numero de conta pode salvar a web que espandío a voz do pobo de Camariñas polo mundo enteiro
Comezan a chegar os donativos. Uns en metálico, outros en especie. Como o de dúas fermosas e elegantes camisas da exclusiva firma norteamericana "American Living" que foron donadas aos redactores da nosa web por un millonario potentado norteamericano, dono de miles de pozos de petróleo no Estado soberano de Texas, agradecido e emocionado polo xesto desta web de abandeirar o buque insignia de camarinas.eu, o Cirros, coa enseña dos U.S.A. Camisas de algodón 100% das que seguramente teremos que botar man nos duros días de vento, chuvia e frío que se aveciñan: días que poden ser os últimos.
Pero para intentar evitar o colapso e destrucción final da web do millón de entradas, seguindo o multitudinario consello de tantos e tantos usuarios, imos a habilitar unha conta corrente de numero 2091 0061 183000063093 na Caixa Galicia para que todos aqueles lectores e usuarios, especialmente os da diáspora, que así o desexen podan facer un donativo humilde e voluntario que axude a paliar na medida do posible a catástrofe. Conta corrente da que é titular a nosa redactora Lucía e por elo provisional á espera da constitución da Asociación de Amigos e Usuarios de Camarinas.eu a cal terá unha conta corrente donde serán ingresados todos os donativos que perciba a que foi a web máis vista da Costa da Morte.

Comentarios
esperemos que nn sea o final de
camarinas.eu
eso esperemos!!!!
Saludos a todos!!!
pero eso sera po ano que ben jejej
cando haxo mas verano por que asi como que nn!!!
Moitos saludos
veña q páxina nunca a leve un tombo...
bikiñoss
¡a animarse todos veña!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.