- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Agosto 2008 13 Agosto 2008
Tombos criminales en Reira

Estas dúas cremosuras apuraron a facer a que pode ser a súa última reportaxe en camarinas.eu
Camarinas.eu, en vez de publicar noticias que non lle interesan a nadie o máis mínimo posible (incluso) ou de arrimarse ao lado dos que mandan para que estes che deixen coller unhas cuantas migajas da súa mesa, uns jarbansiños cos que poder encher a pota un día máis e así ir tirando independientemente do número (ridículo) de visitas, prefiere andar ao seu aire e publicar o que lle peta: inventar a súa propia realidade virtual. Esto como contrapartida ten uns crónicos problemas económicos que fan que si na cena do día 22 non logramos encher o Restaurante Catro Ventos, a web poida desaparecer e que reportaxes tan espectaculares como este dunha tombada criminal en Reira, non se publiquen máis.
Unha tombada clásica de Reira
Pois así estamos, con xa un millón cen mil entradas na buchaca, máis de mil cen entradas diarias como rexistro mínimo, máis de 1.070 usuarios rexistrados, o nome de Camariñas en casi 90 países, pois algúns non nos toman en serio pese a ser o lider indiscutible en visitas e calidade das noticias, superando a todas as demáis webs xuntas. Porque, ¿alguén ve que se nos cite como deberíamos noutros medios?, ¿queren os demáis ocultar a súa propia incompetencia e inoperancia con este silencio?, ¿alguén nos chamou para esas destartaladas tertulias radiofónicas ás que sí van membros doutras páxinas con 10 veces menos entradas que o Rei da Costa da Morte? É evidente a estas alturas (a da posible morte por inanición da web máis vista da historia desta Franxa Atlántica) que nós non nos imos sentar na mesa (dun bar ou dun restaurante, eso da igual) cos que mandan e reírlles as gracias. Non, para eso xa están os demáis.
Pois mentras a web non desaparece, dúas mulleres da intelixencia e beleza de Adry e Lucía (a cal, moi recatada, presentouse na Pedrosa cun bañador dos anos das películas mudas) demostraron que a súa arte xornalística (¡ay, quen lla dera a tantos!) se adapta e destaca tanto nun terreno urbano coma nun campestre e por elo sabendo que se aveciñan días duros de vento e chuvia decidiron acercarse ata Reira, concretamente ata a Praia da Pedrosa, para regalarlle aos nosos usuarios unha reportaxe impresionante onde resplandece en toda a súa fermosura a beleza salvaxe do conxunto de praias posiblemente máis fermoso da Costa da Morte. Xusto como a web na que traballan. Va por ustedes!! (mentras esto non se acabe).
Comentarios
miles d visitas o día e ésta páxina non pde terminar así, e desta maneira, tanto como nos unío a todos ahora non nos pode separar non??pos xa sabedes, veña ánimadevos e vinde todos a cea do día 22.
salu2
Asi que animarse e comprar algunha entrada que nn se pode acabar Camarinas.eu!!!
muy bonitas as fotos faltaba eu x ai oh,beña un biqiño e un saluso a todos
Espero q teñades muita xente na cea, con tantos rexistrados non sei como non se agotaron as plazas xa. Pero bueno, si todos fan coma min...eu non von poder ir pero tampouco son d kmariñas x muito q tea ahi. Os q si deberian eran os d ahi q ter 1 pagina asi tiña q ser 1 orgullo. Xa veredes como o final a xente s anima oh!
Visioso, xa sabes eh.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.