- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 30 Xullo 2008 30 Xullo 2008
O archivo fotográfico privado de Sefa

Si hai unha usuaria de camarinas.eu clave na animación desta páxina, que nos alegra tódalas mañáns interesándonos a todos no tempo que hai na lonxana illa de Fuerteventura, cun talento innato para todo o que teña que ver ca fotografía, creadora de vídeos fotográficos sinxelamente perfectos, esa é Josefa Carril Rodríguez (Rubiasexy). Por eso cando o pasado domingo no Café Bar Arnela caío nas mans dos redactores de camarinas.eu un dos moitos álbumes de fotos da nosa querida usuaria Sefa, non só enseguida se deron conta de que estaban ante un tesoro xornalístico, senón que tamén era a excusa perfecta para darlle, antes de que abandone Camariñas, o seu fogar, a homenaxe que dende hai tempo tanto merecía esta gran muller. Porque posiblemente estamos a falar da usuaria co maior arquivo fotográfico privado do Concello de Camariñas (con permiso da nosa redactora Lucía, outra muller cun arquivo fotográfico demoledor). De tan impresionante álbum, os redactores escollemos tras un longo proceso de selección as oito fotos que mellor retratan a vida diaria naquela Camariñas mariñeira de 1972 e 1973, que daba a duras penas os seus primeiros pasos no mundo desarrollado, a través das imaxes que tan dignamente conservou Sefa ao longo dos anos.
Fotos Históricas de Josefa Carril Rodríguez
Unha das cousas que quedan claras de tan impresionante sucesión de fotos, tan espléndidamente conservadas a través dos anos, e a querencia da nosa querida Rubiasexy polo minifalderismo. Unha auténtica colección de minifaldas de tódolos estilos sucédense ante os ollos do impresionado redactor, que decide publicar unha sóa para evitar males maiores e posibles lipotimias de ávidos admiradores da nosa imponente usuaria. Tamén reflexan que a muller española de principios dos setenta vestía xa ao seu antoxo e que non tivo que esperar a épocas recientes para recortar a lonxitude das súas faldas, así que nadie pense que a liberación da muller é cousa de agora.
Tamén vemos a unha muller traballadora, ben sexa na xa finada (gracias a Deus) lonxa vella, escollendo o peixe, ben sexa lavando, acorde cuns tempos no que as lavadoras en Camariñas aínda se contaban cos dedos dunha man, a roupa da familia no aínda existente lavadero de Area da Vila. Fotos de conxunto, onde volve a aparecer un párroco que deixou unha profunda huella no noso pobo, Don Andrés, ou da comunión dos seus sobriños Charo, Manuel e Pilar de Lin. En todo caso, xa avisamos aos nosos usuarios da avalancha de vídeos fotográficos que se avecina, porque dous álbums completos máis van facer con Sefa o camiño ata Fuerteventura listos para pasar polo seu escáner e ser plasmados nos correspondentes vídeos polas mans artistas desta gran muller. En fin Sefa, non dubides nin un momento que camarinas.eu e os seus máis de 1.000 usuarios botaranche muito de menos unha vez que retornes ás Illas Canarias.
{multithumbs}
{/tabs}
Comentarios
WAPA
Un saludo e Moitos Bikos
Camariñas induvidablement e sempre foi unha fonte inagotable de beautys!!
Saudos!!
E DESPOIS A SEGUIR FACENDO UN FEIXE DE VÍDEOS DOS TEUS.
VEÑA,VEMONOS O VIERNES NO ARNELA!!!!!!OK? .
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.