- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Xullo 2008 22 Xullo 2008
Xa decía camarinas.eu que este tema do suposto cambio climático non só iba a traer beneficios ben cremosos para os novos gurús muchimillonarios defensores desta teoría os cales viven en Beverly Hills nas súas mansións de 100 millóns de dólares como o renovado político americano Al Gore no seu novo e pouco creible papel de ecologista en acción, e aquí está a prova: O víspera do Carme, o noso querido amigo e usuario Jose "O Ranchito" sentouse na mesa da súa casa para degustar unhas ameixas provintes da Praia do Ariño (Xaviña) cando no medio dun destes bivalvos lle apareceu pegada á súa carne unha preciosa perla. Tivo suerte o noso amigo Ranchito de non hincarlle os dentes pois hoxe estaríamos falando dun home con un par de muelas menos.
Pois é o que nos queda. Debido ao cambio climático Camariñas vai a gozar desde este mismo ano (previsións dos gurús) de un tempo soleado e caribeño, así os buscadores de perlas da República Dominicana xa están pensando en trasladarse cara a Camariñas, pobo que forma parte da "Ría de Muxía, Merexo, Quintáns, Chorente, Leis, etc" para así procurarse o seu porvenir xa que o así mesmo chamado Cambio Climático deixouos en pelotas. En Camariñas, a día de hoxe, estase a esperar unha avalancha de buceadores de perlas ao estilo daqueles anos dorados da Fiebre do Ouro, cando os ávidos buscadores deste preciado metal enchían os valles de Sutter´s Mill en California nos primeiros momentos dos "Forty-ninners". Pulsa na imaxe para ver unhas cantas fotos da perla atopada no prato deste mariñeiro camariñán.
Comentarios
un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.