- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 28 Xuño 2008 28 Xuño 2008
Feliz Cumpreanos, Suso

Atuendo marcial e viril do soldado do Exército Español Suso
Agora que xa estamos nos primeiros minutos do domingo 29 de xuño, camarinas.eu quere aproveitar a publicación desta nova edición de Fotos Históricas para felicitar o cumpreanos a Juan Jesús Vázquez González, máis coñecido como "Suso do Banco Pastor", pai do noso redactor Marcos e persoa que representa como nadie esa categoría que son os así chamados "Camariñáns de adopción", persoas nacidas fóra de Camariñas e que por circunstancias da vida acabaron recalando na nosa vila, casándose con mulleres da mesma e que dende o momento que pisaron este recuncho da Costa da Morte quedaron prendados da peculiar cultura e forma de vivir camariñana, converténdose nuns camariñáns máis que tiñan a moita honra identificarse polo mundo adiante como veciños da Vila dos Encaixes. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos do servicio militar de Suso.
O Servicio Militar - Exército de Terra
Agora que xa estamos nos primeiros minutos do
domingo 29 de xuño, camarinas.eu quere aproveitar a publicación desta
nova edición de Fotos Históricas para felicitar o cumpreanos a Juan
Jesús Vázquez González, máis coñecido como "Suso do Banco Pastor", pai
do noso redactor Marcos e persoa que representa como nadie esa
categoría que son os así chamados "Camariñáns de adopción", persoas
nacidas fóra de Camariñas e que por circunstancias da vida acabaron
recalando na nosa vila, casándose con mulleres da mesma e que dende o
momento que pisaron este recuncho da Costa da Morte quedaron prendados
da peculiar cultura e forma de vivir camariñana, converténdose nuns
camariñáns máis que tiñan a moita honra identificarse polo mundo
adiante como veciños da Vila dos Encaixes.
Moitos anos pasaron xa dende que un xoven Suso de 17 anos marchou nunha
mañán de lunes dende a Estación de autobuses do seu Santiago de
Compostela natal a través de carreteiras tercermundistas cara o seu
primer destino como empregado do Banco Pastor: a sucursal da Ponte do
Porto de finais dos sesenta. Traballando alí coñecería á que sería a
súa esposa Mª Dolores Campaña Blanco (Lola de Perrúa) e despois viría
un novo destino xa na oficina de Camariñas no que estaría ata o ano 1983. Pero
estes anos marcárono para toda a vida e hoxe pensa, actúa e sinte como
un camariñán máis.
Precisamente, mentras traballaba no noso Concello
tocoulle cumprir cun deber por aqueles anos inevitable: o do servicio á
Patria. Un longo ano de deber que había que cumprir normalmente a varios centos de kilómetros da casa e da familia, dunha noiva que esperaba o retorno do seu mozo para poder casar. A diferencia da gran maioría dos camariñáns e debido á súa
orixe santiaguesa, Suso tivo que servir no Exército de Terra e non na
Marina. Destinado primeiro en Cáceres e despois en Madrid, trouxo como
recordo as grandes amistades que alí trabou e a despiadada calor que tiñan que sufrir nuns destartalados e abrasantes barracóns extremeños que era o único que podía aportar o noutros tempos glorioso exército español, e sen embargo tan derrotado por aquelas épocas. Unha vez rematado o Servicio ( "a mili" tal e como era coñecida popularmente), Suso voltou para casar ca súa noiva de toda a vida e formar unha nova familia camariñana, unha familia que aquí segue a día de hoxe. En todo caso: ¡¡Feliz Cumpreanos, Suso!!
{multithumbs}









Comentarios
BRI.A.T Isabel a Catolica 29, Santiago de Compostela.. a min tocoume desmantelala e pasar as cousas para Figueirido.
SORTE.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.