- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Xuño 2008 25 Xuño 2008

Este xoves as 18:00 cata de viños en Aldea Madeira
Continúan as iniciativas da Escola Obradoiro de Camariñas cas que preparar para un futuro profesional no mundo da hostelería aos nosos xóvenes. Desta volta a iniciativa ideada pola nosa Escola Taller é unha "Xornada de iniciación á cata de viños" a cal terá lugar este xoves 26 de xuño as 18:00 no centro turístico de Aldea Madeira, en Brañas Verdes. Á mencionada cata en principio, e co fin de evitar posibles avalanchas etílicas, só están invitados os empresarios hosteleiros do Concello de Camariñas, que sen dúbidas gozarán dunha inmellorable oportunidade de comprobar o altísimo nivel alcanzado polos alumnos da presente Escola Obradoiro e por elo ver que dispoñen dunha canteira inagotable de man de obra cualificada para traballaren nos seus negocios unha vez que esta última xeración de alumnos da Escola Taller remate a mesma alá polo mes de marzo de 2009.
No citado evento participará un experto en cata de viños, Guillermo Alvarado, desprazado expresamente ata Aldea Madeira para a ocasión, e degustaranse os seguintes viños de calidade suministrados pola empresa Guimareu:
- Albariño: Pazo de Villarey
- Rioja Crianza: Viña Alcorta Crianza
- Rioja Alavesa: Reserva Ysios
- Ribera del Dureo Crianza: Quinta de Tarsus
Ademáis, serviranse pinchos e tapas como acompañamento para facer máis dixeribles estes apetitosos caldos e haberá un servicio de movilidade e entretemento para os nenos e nenas que alí acudan acompañando aos pais mentres estes toman os consabidos chiquitos. En todo caso, estamos ante outra bos iniciativa da entidade organizadora deste evento que non é outra que a Escola Obradoiro de Turismo Rural Aldea Madeira.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.