- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Xuño 2008 09 Xuño 2008
Salaño e Santabaia xa fixeron a súa aparición estelar

Pasadas as 12 da noite deste último venres, estaba o director da web máis vista da Costa da Morte tomando unhas máis que merecidas copichuelas sabáticas cando o seu móbil tremeu de xolgorio ao recibir unha chamada da mesmísima Beauty Adriana. A noticia non podía ser máis esperada: Os nosos queridos usuarios de Negreira Salaño e Santabaia, tal e como prometeran, fixeran por fin a súa aparición estelar polo centro neurálxico de camarinas.eu, o Café Bar Arnela. Pulsa na imaxe principal se queres ver as fotos do encontro entre o noso director e estes usuarios da diáspora así como coñecer algo máis dos mesmos.
Dous namorados de Camariñas

Efectivamente, unha vez posto en camiño de urxencia, o director de camarinas.eu chegou ao Arnela e alí estaban os dous convidados chegados de terra adentro. Estes charlaban amigablemente con dúas anfitrionas de luxo, Gelinita e a Mantida, xa que fora esta última a que lle fixera o encargo á esplendorosa Adriana de encontrar fose como fose a Diego. Así pois tivemos ocasión de tomar con eles uns cubatiñas mentras nos íbamos coñecendo mellor.
E resultou que Salaño, o máis xoven dos dous, traballa actualmente como pasante de abogado nun bufete santiagués para así ir aprendendo lentamente os intrincados vericuetos do mundo xurídico e atópase solteiro. Ao contrario que o seu amigo inseparable Santabaia, ou tal e como é coñecido por algunha das nosas redactoras "Basantaia", Miguel ten como profesión a de canteiro e vive actualmente no Milladoiro, Santiago (casualidades da vida, no mesmo edificio no que Juanillo ten o seu fogar) pero actualmente está a construir unha casa cerca da súa Negreira natal. Está casado e ten unha preciosa filla pequena.
Entre charla e charla, pasada a 1 da mañá esta improvisada comitiva formada por Salaño, Santabaia e Diego desprazouse ata a Praza de San Xurxo para seguir degustando os licores locales no Bodegón do Punki. Finalmente, intres despois das dúas o noso director retirouse para os seus cuarteles de inverno, mentras os nosos dous invitados de excepción ían a cumprir co motivo que os trouxo ata Camariñas: o da pesca deportiva no espigón do muelle novo ao que son tan afeccionados nas noites da fin de semana. Aficción que esperamos que sigan a practicar na nosa vila por moito tempo.
Comentarios
Mantida cada un sale como e, as fotos reflejan a cara de cada un, pa proxima con un carro de maquillaje sejuro sales mellor,jaja.
Bembidos a todos,tuvestede s boas anfitrionas.
Non podemos nada máis que agradecer a fenomenal acollida que nos destes tanto tí coma Gelinita e Mantida, que pese ó que diga 32 ventos, están ben fermosas nas fotos, e aínda máis en persoa.
Unha aperta enorme ós tres, e de novo moitas gracias, de verdade.
Vémonos!!
AS FOTOS SALEN UN POUCO BORROSAS.
NON SEI ELES QUE NON OS CONOZCO PERO A MANTIDA E MÁIS GELINITA ESTÁN MELLOR EN PERSONA,NON LLE FAJAS CASO A 32 VENTOS MANTIDA QUE CHE QUER TOMAR O PELO.
UN SAÚDO PA TODOS.
Esto so acaba de empezar ou eso espero.
Unha perta.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.