- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Xuño 2008 07 Xuño 2008
María de Valiña, a comadrona de Camariñas durante tantos anos

Imaxe de María de Valiña co seu inseparable bastón que queda para o recordo
A nosa querida usuaria Lusina, sempre atenta a rastrexar por arquivos perdidos xoias fotográficas que poder aportar a sección de camarinas.eu que resucita a memoria histórica da antiga e milenaria Vila dos Encaixes, nesta ocasión tráenos unha imaxe que fai xusticia a unha muller que trouxo a este mundo a prácticamente tódolos camariñáns que a día de hoxe estan por encima dos 40 anos: María de Valiña, a que foi durante tantos anos a comadrona de Camariñas. Pulsa na imaxe se queres ler a noticia completa e ver dúas fotos a tamaño natural.
María de Valiña, comadrona de Camariñas
A nosa querida usuaria Lusina, sempre atenta a rastrexar por arquivos perdidos xoias fotográficas que poder aportar a sección de camarinas.eu que resucita a memoria histórica da antiga e milenaria Vila dos Encaixes, nesta ocasión tráenos unha imaxe que fai xusticia a unha muller que trouxo a este mundo a prácticamente tódolos camariñáns que a día de hoxe estan por encima dos 40 anos: María de Valiña, a que foi durante tantos anos a comadrona de Camariñas.
Esta foto en concreto foi atopada no inmenso e evocador arquivo fotográfico de Maria Elba Barcia, a cal custodia todo o legado bibliográfico que o seu pai, Manuel Barcia, o Argentino vello, home querido e respetado, aínda recordado a día de hoxe en Camariñas, acumulou durante tantos anos. Así, na parte posterior desta fotografía podemos ler: "Sra. María de Valiña, partera que atendió a mi madre de mis hermanos Luis y Juan, y a mi esposa Elbita en partos de nuestros hijos José Manuel, María Elba y Juanito".
Hai xa máis de 40 anos, cando as familias humildes de Camariñas tiñan un nacemento no seu seno non acudían a modernos hospitais da Seguridade Social ou privados, dotados de tódolos adiantos tecnolóxicos, con aparatos da máis alta precisión e asistidos por personal médico cun alto grado de preparación e estudios, senón que o que facían era chamar a esta sinxela muller camariñana para que, ca súa experiencia e antigo saber, a través das súas mans expertas axudase a traer a este mundo dos nosos pecados outra criatura máis, outra boca que alimentar en aqueles tempos difíciles. A fin de contas o proceso que vai dende a creación dunha nova vida ata que esta xurde á luz, tampouco é tan compricado, ¿non?.
Despois, cando María de Valiña xa non estaba, o seu legado e sabiduría ancestral foi recollido por outra comadrona que viña do barrio de Corea, María de Marta, a cal seguío asistindo nos partos que tiñan lugar en Camariñas, ata que o signo dos novos tempos foi inclinándose polos hospitais, ben en Santiago de Compostela, ben na Coruña, ata que o moderno Hospital da Virxen da Xunqueira de Cee acabou engullindo prácticamente tódolos nacementos dos camariñáns que viñan ó mundo no novo milenio e convertíndose polo tanto no lugar natal dos novos veciños da antiga e milenaria Vila de Camariñas. Vivir para ver.
{multithumbs}
Comentarios
emiña sogra des pos quito muitos tamen en camariñas pero nuito sin salir do pueblo ofinal si final lebabaos para coruña p sanatori modelo edes pos pos outros hopitales bueno sefa e os pedros
¿non merecia esta muller unha calle deste pobo co seu nome?
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.