- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Xuño 2008 02 Xuño 2008
Os alumnos da Escola taller colleitaron outro éxito impresionante con motivo desta comida de irmamento
Comida de luxo en Aldea Madeira
Camarinas.eu hai xa un tempo tiña sobre a mesa unha invitación cursada polo Director da Escola Obradoiro de Camariñas Alberto Fuentes para visitar o complexo de Turismo Rural Aldea Madeira, situado nunha paraxe de ensoño en Brañas Verdes. Moito nos contaron acerca das estupendas comidas elaboradas polos alumnos que se serven a todo aquel que se achega polo seu comedor os venres ás 3 da tarde. Por eso, aproveitando a visita de cortesía que os alumnos da Escola Taller do Salnés II devolvían na mañá deste luns 2 de xuño a Aldea Madeira, Camarinas.eu decidío acercarse por alí para grabar unha espectacular reportaxe.
A visita que os alumnos da Escola Obradoiro de Hostalaría do Salnés II facían no día de hoxe tiña por obxecto devolver a anterior viaxe que os pupilos e pupilas da nosa Escola Taller fixeron alá polo mes de febreiro ata O Grove, sede desta Escola de Hostalaría que comezou a súa andadura en decembro de 2006 e rematará este xuño de 2008. O ente promotor da mesma é a Mancomunidade do Salnés que agrupa a 11 concellos, conta con 43 alumnos e ten como especialidades a de cociña, camareiros de restaurante-bar, camareiros de andar, limpadores e pasadores de ferro.
Para conmemorar esta visita, os nosos alumnos esmeráronse como nunca e coa axuda dos expertos profesores das dúas escolas conseguiron crear un multitudinario ágape sabrosísimo que foi servido polos alumnos de camarero da escola de Camariñas, da cal compre recordar que non só está composta por alumnos de Camariñas, se non tamén dos concellos de Laxe, Cee e Vimianzo. Á comida asistiron como principais invitados o Alcalde de Camariñas, o Director da Escola Taller do Salnés Javier Zazo Vías, o da Escola Taller de Camariñas Alberto Fuentes e algúns concelleiros do Concello de Camariñas. Tamén asistiron ao acto unha nutrida representación de membros de diversos xornais os cales se chuparon os dedos.
Antes de empezar a comida e mentras os cociñeiros lle daban os últimos fogonazos aos lechóns e os camareiros servían e poñían a punto as botellas de ribeiro ben cremoso, os alumnos de Animación Sociocultural comandados polo noso querido amigo Bernardino Martínez dedicáronlle aos rapaces do Salnés o baile tradicional de Camariñas: A Danza de Arcos, o cal foi un espectáculo moi visual e preciosista. Rematado o mesmo, todo o mundo dou boa conta duns pratos que quedaron limpos coma patenas. Os invitados das Rías Baixas trouxeron consigo un precioso regalo digno de eloxiar e que consistía nunha bolsiña chea de bombóns helados elaborados polos alumnos pontevedreses.
En definitiva unha comida de irmanamento entre as dúas escolas obradoiro na que os nosos alumnos cumpriron con nota e deixaron o pavillón camariñán por todo o alto, e todo elo nunha paraxe de idílica beleza: O Centro de Turismo Rural "Aldea Madeira".





















Comentarios
fantastico e ademas unha promocion esplendida pa Aldea madeira.
CHAPO.
NON SABÍA EU QUE HABIA UN SITIO TAN BONITO.ESTE ANO NON PASO SIN IR VISITALO.GUSTOU ME MOITÍSIMO.
e os hosteleros do ayuntaminto que contraten a estes rapases para tarballar,e asi non ter que marchar do pueblo
PD: saludos de RUSSO, SICHO, SMOKE JOING, de toda a xente en xeral...
Un saludo en especial a Tania (animacion), Pili (cociña), patri (camareros)... sodes as mellores.. hay mais xente que non me acordo... porque todas estades de vicio...
Un saludo a xente de por ali !
Isa desde Suiza
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.