- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 31 Mai 2008 31 Mai 2008
Faro Vilán: Novos tempos, novas funcións

Camarinas.eu da hoxe sábado último día do lamentable e nefasto (climatolóxicamente falando) mes de maio de 2008 unha exclusiva, e é que mesmo antes de que tivera lugar a inauguración oficial do noso centenario Faro Vilán como "Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítmas da Costa da Morte" a web máis vista desta franxa atlántica xa estaba alí da man do restaurador líder da mesma que servirá un ágape aos invitados á inauguración a partir das 6 da tarde. Pulsa na foto para ver unhas cantas fotos do novo museo do Faro Vilán.
Faro Vilán: Novos tempos, novas funcións

Nestes novos tempos debido aos grandes avances tecnolóxicos, sobre todo coa irrupción do GPS que dende un lonxano satélite espacial pode guiar o rumbo das nosas naves, as funcións dos faros quedaron en entredito. En moitas ocasións a luz salvadora dun faro xa non é necesaria. Por eso hai que encontrar novos cometidos que xustifiquen a supervivencia dos antigos faros, sobre todo ao Faro Vilán de Camariñas, posiblemente a octava maravilla do mundo a cal segue a ser buscada sen descanso dende a época dos romanos cando un día nefasto derrumbouse o Faro de Alexandría.
Así tódolos visitantes que se acerquen ao noso faro dende a tarde deste 31 de maio atoparán na ala esquerda da pranta baixa do mesmo un moderno museo adicado aos naufraxios, faros e sinais marítimas e que conta cun amplio catálogo das máis diversas pezas que levan facendo que os faros da Costa da Morte funcionen dende hai máis de 100 anos: bombillas antiquísimas, lámparas, motores, lupas microscópicas, fotos dos máis tráxicos naufraxios, ilustracións de faros míticos da historia da humanidade, etc. Todo elo acompañado de prolixas explicacións en carteis que explican punto por punto todo o necesario para comprender o fascinante e intrincado mundo dos fareiros. Por último tamén sinalar que se acondicionou a entrada do edificio do faro, que contará cunha coqueta recepción na cal recibiranos amablemente e sempre cun sorriso ben cremoso na cara unha fermosa rapaza do Ézaro. En fin, desde camarinas.eu esperamos que estes novos cometidos do noso faro sigan a facer do mesmo un imán de turistas que atraia ao noso concello esas visitas tan necesarias para o desenrolo económico de Camariñas. Estades todos invitados.
Comentarios
Aínda recordo cando de moi pequeno, subín ata a cima do vilán, coa miña nai e a miña irmán (meu pai quedou abaixo).Foi na miña primeira visita a terra de Camariñas, e dende aquela, non pasou un ano sen que visitase o faro...e namoreime de Camariñas irremediablemente...
O vilán transmite forza, imperio, respeto e admiración. O Vilán é unha sensación que se esconde no ar...
O vilán non só se ve, se non que se sinte.
Felicidades a todas las personas que han llevado a cabo esta iniciativa y a Diego por mostrarla con todo detalle y mimo.
Un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.