- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 29 Mai 2008 29 Mai 2008
Feliz Cumpreanos Jose de Marta

Jose de Marta, nos brazos de seu pai e acompañado de algunhas das súas irmáns e a súa nai Señora Marta
Hoxe é un día especial para o noso querido usuario Jose de Marta xa que está de cumpreanos e en camarinas.eu aproveitamos a ocasión para felicitalo e de paso mostrarvos unha foto histórica do que era unha sinxela familia camariñana alá polos anos 60 e 70. Unha familia humilde e traballadora na que os pais se esforzaban día a día como héroes para manter aos seus fillos. Aínda ata fai ben pouco podíamos ver a Señora Marta co seu inseparable carrito tipicamente camariñán cargado de peixe que traían os barcos da rede e que ela axudaba a descargar.
Hoxe en día Jose de Marta atópase en Londres donde traballa nun colexio para manter tamén á súa familia que xa forman a súa muller e dous rapaciños chamados Samuel e Marta (¡¡como non!!). Non hai día no que Jose non se acorde da súa Camariñas e sempre o podedes ver conectado a camarinas.eu cando chega de traballar. Pois nada Jose, de parte nosa e da túa muller Ana que foi a artífice desta noticia: Felicidades Jose no teu 38 cumpreanos.
Pulsa na foto para ver a adicatoria de camarinas.eu ao seu usuario Jose de Marta.




Comentarios
UN SAUDO.
Veña que estes anos non volves a cumplilos disfrutaos.
Estonme fijando que de pequeno eras ben juapiño pero desde que caestes da vasenilla non recuperastes nada,,...jajajaja
Saludos a todos por ahi Jose e que pases un bo dia en compañia da familia e os amijos.
eu quero felicitar a JOSE DE MARTA que hoxe esta de cumpleaños felicidades jose e que cumplas moitos mais e nos que che bexamos .
FELICIDADES.
UN BIKIÑO POS 4.
Que cumpras moitos e que todos sean felices.Un saudo
O dito, moitas felicidades e que o disfrutes coa tua familia e cos teus seres queridos.
Feliz 20 cumpleaños jejejejejeje
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.