- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 28 Mai 2008 28 Mai 2008

¿A palilleira de máis idade do mundo?
O arte do encaixe técese en moi diversas terras: Bélxica, Portugal, Francia, Bielorrusia, Bulgaria, Malta, a nosa querida Italia, etc.. pero vendo estas fotos do certame do 1º Edición Premio Teresa Rego adicado á palilleira en activo de máis idade da Costa da Morte, na redacción de camarinas.eu fixémonos a pregunta de si a palilleira máis vella do mundo é unha menuda muller que caseque tódolos días debaixo do quicio da súa porta na rúa Pizarro da antiga Vila dos Encaixes, aproveitando os raios de sol da mañá, adícase a aquelo que máis lle gusta dende que era unha pequena nena alá polos anos 20: palillar.
O citado día, que tivo lugar en xaneiro do ano 2007, a Casa de Pedra lucío as súas mellores galas enchéndose ata os topes para darlle esta merecida homenaxe á Palilleira máis antiga do Concello de Camariñas e por extensión de toda a Costa da Morte. Poidemos ver no evento a Teresa Rego González, propietaria dunha famosa e coñecida tenda de encaixe sita na Praza de Lugo na cidade da Coruña, patrocinadora e promotora desta gran iniciativa. Representando ao Concello de Camariñas acudía Sandra Insua Rial, Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura e Deportes. Alí tamén se puido ver á Directora Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. E por estar ata estivo unha unidade móvil da Televisión de Galicia para retransmitir en directo unhas imaxes do evento
A nosa querida veciña Casmalla acompañada polos seus parientes emocionouse especialmente ao longo de todo o acto que tivo como inmellorable mestre de ceremonias a outro camariñán que seguro se emocionou especialmente de ver como premiaban á veciña coa que vivío porta con porta durante tantos anos: Xosé Luís Blanco Campaña. Un violinista ruso profesional amenizou co seu arte o certame proporcionando un fondo musical inesquecible. Por iso nos non sabemos si Dona Casmalla é a palilleira máis vella do mundo pero en todo caso decidimos repescar estas fotos de arquivo e darlle a través da persoa da Casmalla a merecida homenaxe que merecían todas as nosas queridas palilleiras.
{multithumbs}
Comentarios
Moitas felicidades.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.