- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 27 Mai 2008 27 Mai 2008
Rematou o curso de Patrón Costeiro Polivalente

Tendo aínda presente na memoria as escenas da gran película "El Hombre que mató a Liberty Vallance" subidas ao foro de grandes secuencias do cine polo noso redactor de cine Luis Esteiro, na sobremesa deste venres 23 de maio asistimos a un fruallo parecido, se non maior, no Restaurante Puerto Arnela onde se celebraba o final de curso polos futuros patróns costeiros polivalentes, sección máquinas.
Pulsa na foto para ver a noticias completa e ver unha reportaxe gráfica da festa alí armada.
Agora xa só queda esperar polas notas
O local escollido polos nosos mariñeiros non podía ser millor e é que en verdade a ocasión merecía a pena: un xa non recorda cantos meses levaban asistindo ao citado cursillo experimentados homes de mar como o noso usuario Billy, o cal sempre coa súa libretiña debaixo do brazo e un boligrafo prendido no bolsillo da súa camisa non faltaba nin a unha sóa das súas clases.
O curso, como todos os relacionados co mundo do mar, tivo lugar na ala dereita da emblemática Escola Náutica Pesquera "Ramón Noguera Oreiro" e ao longo destes meses os nosos esforzados estudiantes tiveron incluso que facer frente á carestía de medios dados os repetidos roubos que os privaron de material básico para poder facer as prácticas necesarias e obter o citado carnet de Patrón Costeiro Polivalente.
Agora tan só queda esperar ás notas que seguro que serán propicias para todos estes homes e mulleres que quixeron dar un paso adiante e mellorar a súa formación académica cun novo título que sumar ao seu xa de por si experimentado currículum. Sorte a todos.
{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.