- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 24 Mai 2008 24 Mai 2008
Volve a sección máis antiga de camarinas.eu, Fotos Históricas, auténtica memoria histórica da milenaria Vila de Camariñas, cunha foto que nos achega María Elena, unha das nosas moitas lectoras que nos seguen a diario dende a pacífica e saciada Coruña. Esta foto trata sobre aquela lexendaria Escuela da Generosa, situada na Plaia de Camariñas, propiedade da avoa do nos querido usuario Albito Diéguez Jr, e na que tantas xeracións de rapaces camariñáns se formaron, conforme a aquella vella divisa da enseñanza pública española de "La letra, con sangre entra".
Vendo esta allada fotografía podemos comprobar o avance que experimentou a instrucción pública en España nos últimos 50 anos: rapaces de ambos sexos mesturados, nenos de diferentes idades agrupados nunha mesma aula, inundacións periódicas enchían de auga todo o local cando chovía fortemente obrigando a un esforzo conxunto de alumnos e profesorado para que todo volvera á normalidade, os clásicos encerados de pizarra, escuadras e cartabóns colgados polas paredes, bancos de basta madeira de pino, quen sabe se cunhas cuantas polillas enriba, etc...Dada a antiguedade deste vello daguerrotipo, terán que ser os usuarios máis veteranos da web líder da Costa da Morte os que arroxen algo de luz sobre esta preciosa fotografía e que cos seus comentarios completen a presente reportaxe. Todo voso.

Comentarios
Donde van aqueles tempos.
Grasias por a pajina.
ALBITO,DO DOS CHURROS ACORDARASTE,NON?,JAJAJAJA
TI ES MAIS VELLO CA MIN ASÍ QUE DEBERÍAS DE ACORDARTE.JA.UN SAÚDO ALBITO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.