- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Mai 2008 01 Mai 2008
A nosa querida usuaria Lusina é quen nesta ocasión nos brinda en bandexa unha nova edición de Fotos Históricas con estas fotos daquela inesquecible xeración de rapazas de Camariñas que a comenzos dos 70 rondaban os 20 anos. Agora que parece que se inventou a igualdade entre homes e mulleres e demáis propaganda barata, non está mal lembrar que xa no lonxano 1973 a maioría das protagonistas desta fermosa foto eran mulleres formadas, algunhas con estudios universitarios, todas cun elevado nivel cultural e que algunha acabou sendo empresaria de éxito. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos a tamaño natural.
Esta foto está tomada concretamente o sábado de Carnaval de 1973 diante dun bar emblemático de Camariñas polo que non pasan os anos, O Victoria, e nela aparecen disfrazadas de hippies un bo grupo daquela gran xeración de camariñanas que a principios dos 70 rondaban a veintena. Gracias a Deus, de hippies só tiñan o disfraz, porque como demostrou o correr dos anos prácticamente a totalidade das protagonistas desta foto demostraron ser mulleres de valía, traballadoras, que formaron unha familia, acadando algunhas importantes éxitos no mundo empresarial, mulleres en definitiva ás que non asustaba a responsabilidade, en contra do proposto por esa ideoloxía ridícula e destartalada, o chamado "Movimiento Hippie" que propugnaba simplicidades tan absurdas e utópicas como o amor libre, o non traballar, o drogarse ata os topes e o pacifismo cobarde. Lonxe iban a chegar se escolleran ese camiño.
Pero ese non foi o caso, porque tal e como sucedeu cas xeracións de mulleres de Camariñas que viñeron despois, resultaron ser intelixentes, cultivadas e responsables, ademáis de ben fermosas. Agora xa pasaron os anos, algunha lamentablemente xa non está entre nós, outras tiveron que marchar a establecerse noutros lugares, pero a gran maioría saíron adiante na vida polos seus propios medios e gracias a súa gran capacidade e boa formación, sen necesidade de ter que esperar á chegada de redentores de última hora. En fin, unha xeración que constitúe todo un orgullo de Camariñas: unha xeración de mulleres pioneiras.
Comentarios
ASÍ É COMO SE PASA DE GUAY.SI SEÑOR!!!!!
UN SAUDO PARA TODAS ELAS DESDE FUERTEVENTURA,R OCÍO E PAULA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.