2.9473684210526 1 1 1 1 1 Rating 2.95 (38 Votes)

Unha empresa de Camariñas triunfa en Bruselas

Fran de Buño, xerente da Grupo Fraida a empresa de Camariñas presente en Bruselas
Fran de Buño, xerente da Grupo Fraida a empresa de Camariñas presente en Bruselas

Camarinas.eu non publica rumores, si non que publica feitos reais e constatados, e un feito constatado é que as empresas de Camariñas triunfan alá donde van. Así, na Bruselas Sea Food Exhibition, un encontro de carácter anual especializado nos productos do mar vivos, frescos e conxelados, está presente a empresa camariñana Fraida propiedade dos irmáns Francisco, David e Isidro Castro Souto.

Pulsa dentro para ler a noticia completa e ver un galería de fotos.

Na citada exhibición que se celebra anualmente na capital belga, sede da Unión Europea, participan máis de 1.200 empresas de todo o mundo adicadas á compraventa, procesado e conxelado de productos do mar, e claro, alí tiña que estar unha empresa de Camariñas, pobo vencellado ao mar practicamente desde a orixe do mesmo. Es empresa era o Grupo Fraida

Tamén é de reseñar que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través do FROM (Fondo de Regulación e Organización do Mercado de Productos da Pesca e Cultivos Mariños), participa nesta feira por oitavo ano consecutivo. Precisamente, o titular de este departamento, Miguel Arias Cañete, viaxou hoxe a Bruselas para asistir ao acto de presentación do pavillón de España, no que están presentes, ademáis do pabellón do MAPA, os de Galicia, Canarias, Andalucía e o País Vasco.

Dende camarinas.eu axudaremos a tódolos empresarios e xente con iniciativa que contribúa a crear industrias e postos de traballo, tan necesarios no noso concello, que redunden no beneficio colectivo de toda a poboación de Camariñas. Eles saben que contarán con todo o apoio da web referente de toda a Costa da Morte para facer do noso Concello o punteiro desta franxa atlántica. Como xa o sabe a familia Castro Souto que contan cun empresa xoven pero experimentada que se abre paso nesa xungla despiadada dos negocios internacionais, e que nos manda as fotos e a información desta noticia.


Comentarios   

mantida
0 # mantida 30/04/2008 19:08
alejrome que a vosa empresa triunfe, tanto aquí en españa como fora, así que vos don todas as miñas felisitasións.
Denunciar ante o administrador
Siempremikel
0 # Siempremikel 30/04/2008 19:47
Noraboa Fran,,si levas a vena de teu pai para ese tipo de negocios estás asegurado,,,May pe and Company arrasando ata en Portugal,,salud os pa todos
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # JABA 30/04/2008 20:20
o traballo dos camariñans e ben reconosido por todo mundo.mui ben
Denunciar ante o administrador
O SOCO
0 # O SOCO 30/04/2008 21:12
Noraboa por un traballo ben feito.
Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 30/04/2008 22:19
si señor noraboa.
Denunciar ante o administrador
PIRUCA
0 # PIRUCA 30/04/2008 23:19
NORABOA FRAN E FAMILIA,SI SEÑOR,ASÍ DA GUSTO,QUE TODO VAIA BEN.SAUDOS PA PATY E FAMILIA.
Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # gancho loco 01/05/2008 12:41
Dexésobos que sigades triunfando co a vosa empresa en toda Europa. Un saludo para os meus sobriños Pati e Fran.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.