- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Abril 2008 25 Abril 2008
O rapaz que derrotou a camarinas.eu

O rapaz sen nome que gañou a camarinas.eu
Cando a semana pasada un xoven matrimonio de Camariñas, usuarios activos ambos desta web, nos entregaron para publicar como Fotos Históricas dúas imaxes de comenzos dos 70 que tiñan como telón de fondo o Cansorro, facíano ca esperanza de aclarar dunha vez por todas unha incógnita que dende hacía anos rondaba polas súas cabezas: a de quén sería o rapaz rubio protagonista dunha fermosa fotografía enmarcada que colgaba nunha das paredes da súa casa.
Acudían ilusionados ao lugar en principio idóneo, a web con maior cobertura da Costa da Morte, líder intratable no Concello de Camariñas, con máis de 800 usuarios rexistrados (802, a 25 de abril) e máis de 1.100 entradas diarias. Pero hoxe, unha semana despois e cando toca mover dende a páxina de inicio cara á sección de Fotos Históricas a foto do rapaz enigmático, temos que recoñecer a nosa derrota: non fumos capaces entre todos, redactores, usuarios e lectores de poñer un nome ao citado rostro. En fin, pois agora ábrense dúas posibilidades: unha sería a de consolarse ca peregrina idea de que o rapaz era un ave de paso, alguén de fóra ao que se lle quitou unha fotografía no momento por un fotógrafo profesional; a outra, sería a de seguir o consello dunha antiga usuaria e "tirar ca página á plaia". Que queredes, non nos consuela o feito de saber que foi a Foto Histórica máis vista da historia de camarinas.eu.
Comentarios
Saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.