- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 24 Abril 2008 24 Abril 2008
¡Feliz Cumpreanos Jola!
Jola ca súa irmán Carmen da man en 1973
Como a familia de camarinas.eu é moi grande (sen dúbidas a máis grande de toda a Costa da Morte), raro é o día que non hai un cumpreanos que celebrar. Pero neste caso felicitar o seu cumpreanos a María Pasantes Carril, Jola, constituía un imperativo moral para esta redacción. Membro clave e básico do Clan das Gelinitas, esa entrañable familia camariñana sen a cal (que ninguén o dubide) esta web non existiría, muller emprendedora propietaria da tenda Encajes Gelina, pola que sigue o camiño iniciado pola súa avoa Sofía e a súa nai Gelines na venta de encaixe, esposa dun percebeiro de vella estirpe e gran amigo desta redacción: O Roco, e nai dunha fermosa filla de corpo escultural: Belén, esos son entre outros algúns dos rasgos que definen a esta empresaria de Camariñas. Patrocinadora de camarinas.eu xunto ás súas irmáns María Pilar, Gelinita e Carmen, xunto a súa gran amiga Maruja do Mantido, esta xente camariñana foi a que fixo posible a supervivencia económica da web máis vista da historia da Costa da Morte, por eso no día do seu cumpreanos esta redacción quere regalarlle un presente difícilmente superable: unha dedicatoria do mellor narrador que se pode encontrar a día de hoxe por estes pagos e que ven só fai dous días de deixar ca boca aberta a todos os nosos lectores ca súa impresionante dedicatoria a Lin: Juan Contacontos. Jola, vai por ti e pola túa familia, ¡¡FELIZ CUMPREANOS!!
Adicatoria de Juan Contacontos
Encarjáronme escribir aljo sobre Maria Pasantes, alias Jola, e para os máis amijos e familiares Joliña, cuarta no escalón de seis irmáns e un irmán, xusto o número pa faser unha familia numerosísima, dela sen un pouquichiño pois acollíome ela e máis seu home o Roco na súa casa da Coruña cando eu andaba vajabundeando polas pensións de mala muerte da Coruña, muy ben o temos pasado cas nosas partidas de parchís donde o cabreo era seguro, pois calquera dos tres somos malos perdedores.
Jola sempre fui unha muller emprendedora e nejosiante, e normal por ela corre sangre de sua abuela Sofía e de sua nai Gelines, unhas das primeiras mulleres que probaron suerte con varios nejosios en estas terras de influencia varonil, e máis por aqueles anos.
Heredou esa veniña de emprendedora xa desde pequena, eu téñollo oido a nai, que de pequena e xunto cas súas irmáns iban a coller caramuxas as pedras de Lajo, outros días tamén iban por longueirón a Basa, e en época de vran a recoller aljaso a Carnicería. Todas irmáns chejaban a casa e entrejábanlle nun caldeiro a mercancía recollida a nai, todas irmáns menos Jola que esperaba ao final e dáballe a nai o caldeiro pero a cambio tiña que recibir aljún carto sinón pa o próximo día non lle volvía, a nai decia – pero a quen carallo lle amitaras-. A quen iba ser, amitáballe a ela, nejosiantes natas.
Dos recordos que añora sobresale o de ir lavar a roupa xunto cas suas irmáns a o río de Portoselo, e despós tender a roupa e esperar a o sol pa que secara, días fabulosos que xa non volverán.
Jola, costureira, palilleira, muller de mariñeiro, sibarita , excelente persona, discreta, amija de súas amijas e nai da súa costilliña dereita, Belén.
FELICIDADES NO DIA DE TEU CUMPLEANOS
FDO. Tua familia.


Comentarios
Puxestelo tí , como o chicharo inchaba tamen inchabas ti .
Bueno xa che conten algo , haber si invitas a senar jajaja .¡¡¡¡ FELIZ CUMPREANOS!!!!.
QUE CUMPLAS MOITOS ANOS MAIS JOLA E QUE PASES UN MOI BO DÍA CA TUA FAMILIA E SERES QUERIDOS.
podes estar orjullosa de teu cuñado que che fixo unha dedicatoria ben bonita.
vas boa de lincharme a ostias cando quedaba a dormir contijo porque desias que roncaba e que che despertaba,mand a carallo!!! e eras ti,que despertabas cos teus ronquidos,jajaj ajajajajja.feli sidades jola,eres a máxima
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.