- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 17 Abril 2008 17 Abril 2008
Hai uns anos nunha vella casa de pedra en ruinas na Ponte do Porto, na cal vivía un eremita inglés, outro loco bohemio, foron atopadas dúas fotografías. Unha delas non presentaba problema: co fondo do Cansorro un grupo de rapaces camariñáns sorrían ante a cámara. Sen embargo, a outra, unha intrigante imaxe firmada por un fotógrafo dos vellos tempos, Julián de León Caamaño, presentaba a un neno ó que ninguén nunca lle soubo poñer nome e que sempre sembrou a duda nos donos da fotografía que buscaron durante anos infructuosamente o nome daquel rapaz. Pulsa na foto para ver as dúas fotografías a tamaño natural e ler un cartel de SE BUSCA.
O rapaz enigmático
Hai uns anos nunha vella casa de pedra en ruinas na Ponte do Porto, na cal vivía un eremita inglés, outro loco bohemio, foron atopadas dúas fotografías. Unha delas non presentaba problema: co fondo do Cansorro un grupo de rapaces camariñáns sorrían ante a cámara. Sen embargo, a outra, unha intrigante imaxe firmada por un fotógrafo dos vellos tempos, Julián de León Caamaño, presentaba a un neno ó que ninguén nunca lle soubo poñer nome e que sempre sembrou a duda nos donos da fotografía que buscaron durante anos infructuosamente o nome daquel rapaz. Por todo elo decidimos coolgar o cartel de SE BUSCA.
SE BUSCA: Fai uns aniños derribando unha casa de pedra na cal se encontraron diversos documentos, papeles e outros enseres antiguos, atopáronse unhas fotos duns rapaces camariñáns, en concreto dúas fotos: nunha delas son reconocidos tódolos rapaces que en ela salen, entre elas esta a nosa usuaria fiel Rosario acompañada dunha irmán e veciños, pero na sejunda foto sale un rapaz que non somos capaces de identificar, e por eso que pedimos a axuda dos nosos lectores para poder recoñecelo e agasallalo cunha foto que por seguro non terá no seu álbum de recordos. A primeira foto fui sacada diante de noso Canzorriño, e a foto do rapaz fui sacada nas escaleiras que estaban situadas diante da pensión de Campos, a instantánea sería sacada aproximadamente polo ano 73 ou 74 e ahora o rapaciño tendría uns 40 anos. Alomellor inda é un usuario desta páxina, así que veña, SE BUSCA, recompensa unha foto dedicada polos redactores de Camariñas.
Comentarios
un saludo
un saludo
Eu teño un leve recordo, pero si teño que apostar, apostaría por Marcos (irmán de Juan, Chas, Rosario e Lolita)
Unha aperta,
---Estudiante---
Cremos que e un fillo da " Croia". Duardo ou Pepe.
De todas formas cando vaia hoxe para Camariñas vonllo preguntar a miña abuela e a miña nai e von a comparar a foto coa que teño na casa.
Si chega a ser meu tío gustaríame que lle entregásedes a foto a miña abuela porque segurísimo que lle encantaría ter unha foto do seu fillo pequeno.
Non poden ser nin Duardo nin Pepe da Croia porque eses dous pasan bastante dos 40 anos.
¿Será Manoliño do Lirete?
Que vive no campo, era identico de pequeno e fai 40 anos este ano !!!!
Ahora a seguir buscando por quen é este rapaciño.
Un Saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.