- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 12 Abril 2008 12 Abril 2008
Aquelas bodas no baixo de Perrúa

Na esquina inferior esquerda Isabel Campaña Blanco que hoxe cumpre 48 anos.¡Feliz cumpreanos!
Este sábado 12 de abril, Fotos Históricas recorda unha institución clave na Camariñas dos anos 70 e 80: os banquetes de boda que se celebraban no baixo que a Familia Perrúa tiña na Rúa Pinzón. ¿Quén non asistío a un daqueles convites? Recordamos concretamente a primeira boda que se celebrou no mesmo: o enlace matrimonial entre Luis Laranjo Martínez, fillo dun importante empresario madereiro muxián, e Mª Luz Campaña Blanco, filla do mítico armador camariñán, o 24 de setembro de 1977, cunha importante representación das dúas familias, entre elas a dunha persoa moi querida nesta redacción que hoxe cumpre anos.
¡Feliz cumpreanos, Isabel!
Este sábado 12 de abril, Fotos
Históricas recorda unha institución clave na Camariñas dos anos 70 e
80: os banquetes de boda que se celebraban no baixo que a Familia
Perrúa tiña na Rúa Pinzón. ¿Quén non asistío a un daqueles convites?
Recordamos concretamente a primeira boda que se celebrou no mesmo: o
enlace matrimonial entre Luis Laranjo Martínez, fillo dun importante
empresario madereiro muxián, e Mª Luz Campaña Blanco, filla do mítico
armador camariñán, o 24 de setembro de 1977, cunha importante
representación das dúas familias, entre elas a dunha persoa moi querida
nesta redacción que hoxe cumpre anos.
Para o citado banquete os bancos e mesas foron aportados gratuitamente polo pai do noivo, Manuel Laranjo, dono dun importante aserradeiro en San Martiño de Ozón, Muxía, e os camareiros foron traidos expresamente dende A Coruña para a ocasión. Na cociña oficiaba a tamén comadrona María de Marta, muller querida e apreciada en Camariñas que faría as delicias dos paladares máis esixentes na meirande parte das bodas que se celebrarían na nosa vila durante as seguintes dúas décadas. Eran os tempos da boda e da reboda, cando o domingo se raspaba o moito e bo que sobrara no banquete do sábado.
No ángulo inferior esquerdo da foto de portada atópase con traxe azul unha seguidora entusiasta de camarinas.eu e persoa moi apreciada nesta redacción: Isabel Campaña Blanco, que hoxe cumpre 48 aniños. Economista de prestixio, dende hai máis de 20 anos vive en Madrid, onde traballa nas oficinas centrais do Instituto de Crédito Oficial (ICO) e dende a lonxana capital de España non falla nunca a súa cita diaria ca web do seu pobo natal. Eso nos momentos que lle deixa libres a súa filla adoptiva, ese terremoto chamado Marina, a camariñana de orixe ucraniano, que facendo honor ó sangue eslavo que corre polas súas venas, non para en todo o día de facer tolerías. Isabel, si xa estás todo o día enganchada, deixa de facer tonterías, non andes con vergonzas, regístrate dunha vez e participa na maior familia de Camariñas e da Costa da Morte: a familia de camarinas.eu. ¡¡FELIZ CUMPREANOS E QUE CUMPRAS 48 MÁIS!!
{multithumb}





Comentarios
Enorabuena a Naranjo e esposa.
Ah, failles caso a os que che dín que te rexistres, que aquí non comemos a nadie.
Feliz cumple Isabel.
unha preta para Laranxo e Señora
Felicidades Isabel
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.