- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 03 Abril 2008 03 Abril 2008
Un bautizo nunha familia mariñeira

Esta era a forma sinxela, humilde e familiar na que se celebraba un bautizo nunha famila mariñeira en 1971
Camarinas.eu tivo o privilexio de asistir este último domingo de marzo ao bautizo dos mellizos de Berta e Jorge, e agora, á luz desta foto histórica de 1971 que nos trae a nosa usuaria Gelinita, podemos comprobar como cambiaron as cousas, e particularmente a celebración das festas familiares, en España ao longo deste lapso de tempo. Pulsa na foto para ler a noticia completa, ver a foto superampliada e descubrir un a un quenes son os protagonistas da mesma.
Un bautizo nunha familia mariñeira
Camarinas.eu tivo o privilexio de
asistir este último domingo de marzo ao bautizo dos mellizos de Berta e
Jorge, e agora, á luz desta foto histórica de 1971 que nos trae a nosa
usuaria Gelinita, podemos comprobar como cambiaron as cousas, e
particularmente a celebración das festas familiares, en España ao longo
deste lapso de tempo.
Así, frente a unha festa de Bautismo celebrada nun restaurante de primeira categoría, surtida cunha procesión de pratos onde o marisco era o rei indiscutible e onde todos os asistentes lucían as súas mellores galas, nesta humilde foto asistimos a un Bautizo tal e como se celebraban nas familias mariñeiras na España de comenzos dos 70: na casa e en familia, dunha maneira moito máis sinxela, a maneira que permitían aqueles tempos. En concreto esta imaxe amosa o Bautizo de Carlos de Lin, oficiando como padriño o seu tío "O Italiano" e debido a que a muller de este, Carmen, se atopaba en Suiza, como madriña por poderes a sustituía a nosa querida usuaria Sefa, asistindo a esta festa familiar na casa dos Lin unha nutrida representación das familias Campaña Carril e Pasantes Carril .
En definitiva, o que representa esta foto é o notable progreso que acadou o noso país neste tempo, pasando de ser un país cáseque subdesarrollado a unha gran potencia económica mundial, algo do que tódolos españois deberíamos felicitarnos.
{multithumb}

As familias Campaña Carril e Pasantes Carril no bautizo de Carlos de Lin en 1971
Comentarios
De onde sacaráis esa foto, ten polo menos 37 anos, como chovío desde aquela.
A verdá e que da justo ver esas fotos e ver o que fomos cambiando todos...
Hoy volví al pasado... Gracias Diegonet.
Unha aperta.
---Estudiante---
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.