- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Abril 2008 01 Abril 2008
A Mostra do Encaixe nos medios gracias a camarinas.eu

Aínda que a algún usuario non lle gustara moito o Mostra Beauty, a un periódico decano en España e a un xornalista profesional que o é todo si. Desta forma, a sección da contraportada "Gente a la última" do prestixioso diario El Correo Gallego, que se reparte por toda Galicia e parte do resto de España, facíase eco nunha noticia a páxina completa da iniciativa ideada por camarinas.eu para entreter aos seus lectores durante os días de lecer de Semana Santa. Pulsa na foto para ver o regalo que camarinas.eu lle fixo a gañadora do Mostra Beauty 2008 Cristina García Eisman.
A Mostra do Encaixe nos medios gracias a camarinas.eu

Aínda que a algún usuario non lle gustara moito o Mostra Beauty, a un periódico decano en España e a un xornalista profesional que o é todo si. Desta forma, a contraportada do prestixioso diario El Correo Gallego, que se reparte por toda Galicia e parte do resto de España, recollía nunha noticia a páxina completa a iniciativa de camarinas.eu para entreter aos seus lectores durante os días de lecer de Semana Santa.
Con esta, xa son varias as veces que un diario da categoría de El Correo Gallego e os profesionales intachables que traballan no mesmo se fixan no peculiar modo amateur que ten de entender o xornalismo unha humilde web de pueblo que co tempo, pouco a pouco se convertío no maior xigante mediático da Costa da Morte. Pero sobretodo o que máis agrada a esta redacción é que, en vez de buscar estériles polémicas internas, a súa labor proxecta a imaxe de Camariñas polo resto de Galicia, e así as numerosas cousas que son orgullo desta vila, e das que ten dereito a presumir, son coñecidas alén das nosas fronteiras. Aparte, obviamente de converter a Camariñas nun punto de atracción turística, eso si, sen ningunha clase de subvención ou chanchullo e só co diñeiro que catro usuarios por puro altruismo invertiron en camarinas.eu, invertiron na imaxe de Camariñas.
Bueno, pois para acabar, ao final resultou (polo que se ve) que o Mostra Beauty non foi tan mala idea, sendo a gañadora unha xove empresaria viguesa, unha muller con iniciativa e estudios, aparte de ser ben fermosa e polo tanto alexada desa visión estereotipada da muller que algúns creeron entender que buscaba camarinas.eu. ¡¡Norabóa Cristina e esperamos que repitas para o ano que ben!!
Enlace directo á noticia de el Correo Gallego

{mos_ri}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.