- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 20 Marzo 2008 20 Marzo 2008
A infancia da Mostra do Encaixe

Bautista e Fernández Moreda rodeados alá polos anos 90 con un grupo de xóvenes camariñanas
Agora que ven de cumplir os 18 anos, a maoiría de idade, non está mal recordar a través da sección comodín de camarinas.eu, Fotos Históricas, que a Mostra como todo ser vivo atravesou distintas etapas no seu periplo vital (nacemento, infancia, adolescencia, madurez). Precisamente as fotos elexidas reflexan a segunda das etapas citadas, a da infancia dunha Mostra que daba os seus primeiros pasos.
E difícil precisar o ano desta imaxe, que reflexa a entrega dos diplomas das licenciadas cum laude no Curso de Palilleiras por parte do ex-alcalde Bautista e dunha persoa que se sempre se volcou na axuda persoal e material cara a nosa Mostra: un moito máis xoven presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. Fotos que ademáis de reflexar o paso do tempo, demostran como éste o cambia todo porque probablemente a persoa que sacou esta fotografía agora é o Alcalde de Camariñas. En todo caso e como sempre cas Fotos Históricas, deberán ser os nosos usuarios os que precisen tódolos datos destas evocadoras fotografías duns tempos nos que a Mostra andaba en patucos.
{multithumbs}


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.