5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Durante o ano 2020 o servizo de Planificación Preventiva e Limpeza de Montes do Concello de Camariñas, subvencionado pola Xunta de Galicia, revisou máis de 620 parcelas do municipio para o cumprimento da instrución 1/2018 publicada no DOG sobre xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas.

O servizo municipal continuará cos traballos de revisión en novas zonas e parcelas até Marzo deste ano. Mentres realizará un seguimento a aquelas faixas notificadas por incumprimento para que se axusten a lei de prevención de incendios.

Ademais, lémbrase que o 31 de maio do 2021, como cada ano, os propietarios/as deben ter xestionadas as parcelas que se encontran nas faixas secundarias arredor dos núcleos ou das vivendas illadas. O servizo municipal de planificación preventiva e limpeza de montes está a disposición destes propietarios para asesorar, informar e facilitar a execución desta obriga.

Parcelas sen xestionar


A meirande parte das parcelas foron xestionadas polos seus propietarios/as a tempo e cumprían cos parámetros esixidos. Porén, tamén existía unha minoría de terreos que, tras efectuárselle a comunicación previa, non cumpriron coa xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas correspondente. O Concello de Camariñas xa iniciou as notificacións con estes/as propietarios/as que deberán executar as súas obrigas nun prazo de 15 días. De non facelo abriríase un expediente para realizar as tarefas de forma subsidiaria tendo o propietario/a que pagar os custos do traballo realizado e unha posible sanción polo incumprimento de ditas obrigas.

Nalgúns casos as notificacións previas non puideron realizarse debido ao descoñecemento do/a propietario/a ou a imposibilidade de contactar con esta persoa. Nestes casos as notificacións practicaranse mediante a publicación de un anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia cos datos catastrais do terreo.

Ante calquera dúbida ou para recibir máis información, é posible concertar unha cita co servicio de Planificación Preventiva de Limpeza de Montes no edificio da Casa de Pedra en Camariñas, no teléfono 653 276 989 ou mediante o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.