5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

O Concello de Camariñas confirmou mediante un estudo arqueolóxico que a futura senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ao xacemento arqueolóxico da Punta dos Castros. Logo deste resultado, o informe xa se presentou en Patrimonio para que a Dirección Xeral autorice para a posterior licitación por parte de Costas do Estado. Completouse unha actuación que resultou fundamental para poder desbloquear a situación e que comecen así as obras. Incluiu a limpeza manual da vexetación por parte dos operarios municipais, efectuada con control arqueolóxico.

O Concello confirma mediante un estudo arqueolóxico que a senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ao castro. Logo deste resultado, o informe xa se presentou en Patrimonio, para que a Dirección Xeral autorice para a posterior licitación por parte de Costas do Estado.

Tívose especial coidado nun tramo de cantil costeiro duns 50 metros de lonxitude, desde onde finaliza o paseo marítimo da praia de Area da Vila á parte superior de Punta dos Castros, onde interesaba valorar a posible existencia de restos arqueolóxicos á vista, dado que a intención de cara o futuro é a realización dunha rampla que dea continuidade ao paseo, e comunique con seguridade e comodidade estes dous espazos, salvando así a diferencia de cota existente.

O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destacou que “esta vía, pola que discorre o Camiño dos faros, permitirá mellorar a seguridade dos viandantes, ademais de ver colmada unha demanda que viña de anos atrás”.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, subliña que “logo dos resultados obtidos xa podemos comezar canto antes os traballos e poder, ao fin, unir estas dúas zonas”.

punta castros paseo area da vila

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.