- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 17 Marzo 2008 17 Marzo 2008
As palmeras pasaron a mellor vida
Xa dende hai uns días e con motivo da próxima celebración da XVIII Mostra do Encaixe, estamos asistindo a un lavado de cara do pobo de Camariñas. Onde é especialmente evidente o mesmo é na Praza da Insuela, onde unha empresa de xardiñería mellorou sobremaneira o aspecto estético da Praza do Concello. Nesas andaba por alí un equipo de camarinas.eu e captou un espectacular vídeo do axusticiamento e demolición controlada das destartaladas palmeiras da Praza da Insuela.
Estas melloras consistiron inicialmente na prantación das fermosas prantas ornamentais e flores que decoran os parterres a carón da estatua da palilleira, e nun segundo momento, xa hoxe, en que os operarios procederon ao axusticiamiento das palmeras, último vestixio da desdichada e destartalada reforma da Praza da Insuela que se levou a cabo nos anos oitenta e que tiña como guinda aquel lamentable Partenón dunha horrorosa cor verde coronado cunhas palmeiras totalmente fora de lugar e das que ninguén sabía a ciencia certa o que pintaban alí.
Estas palmeras serán sustituidas, segundo fontes próximas ao concello, por uns coquetos arboliños semellantes aos que decoran o lado dereito da Praza do Concello, sen dúbida máis axeitados que as desdichadas palmeiras as cales segundo recordan os veciños de Corea "coa calor cheiraban que apestaban e atraían manadas de mosquitos". Agora ben, toda esta situación plantexa unha inquedante incógnita: tralo recente adeus da mítica palmeira de Pardiñas, esta nova masacre de palmeras perpetrada hoxe na Praza de Insuela ¿significa que en Camariñas estaremos asistindo a unha cruzada anti-palmeril?
{tab=Foto 1}
{tab= Video}
{tab=Comentarios}

Comentarios
un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.