- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 15 Marzo 2008 15 Marzo 2008
¡¡Podes volver a subir as túas fotos xa!!

Despois dun parón de tres semanas debido ao cambio de servidor de camarinas.eu, tódolos usuarios rexistrados xa podedes volver a subir as vosas fotos preferidas para compartilas ca maior familia de toda a Costa da Morte. Así, antes que ninguén o noso usuario zhúkov apurouse e subío unha das mellores imaxes da historia da fotografía: a que reflexa a conquista dun Berlín destruido, dunha Alemania aniquilada, polo potente exército soviético nos días da primavera de 1945.
A volta á operatividade da "Galería dos usuarios" coincide con outra importante innovación de camarinas.eu para os seus usuarios rexistrados, auténtico corazón indomable da nosa web: Os Anuncios Clasificados. Neste novo apartado situado no marxe esquerdo da pantalla poderedes anunciar todo o que queirades comprar ou vender, ou ofrecervos para o que falla falta. Como prometéramos, camarinas.eu vai a potenciar as prestacións dos usuarios para que formar parte desta web sexa algo que traia aparellado unha importante mellora da calidade de vida.
Foto máis vista

A foto máis vista dos usuarios (403 visitas) chéganos dende a nosa querida emigración, concretamente dende Suiza, onde son lexión os seguidores de camarinas.eu. Sen dúbida, unha das maiores satisfaccións desta redacción é poder contribuir a que tódolos nosos emigrantes se sintan un pouquiño máis preto de casa a través da nosa web. Pois eso, a máis vista: a foto de galicia85.
Foto máis puntuada


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.