- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Marzo 2008 13 Marzo 2008
Las minas del Rey Salomón

Como aqueles exploradores británicos de mediados do século XIX que se abrían paso machete en man a través de xunglas impenetrables, Mikel P.I. (Private Investigations) adéntrase nesta ocasión pluma en ristre nas profundidades do continente camariñán para descubrir un lugar máxico, un xacemento mineiro en Reira ata o de agora prácticamente descoñecido para a gran lexión de seguidores da sección de periodismo científico de camarinas.eu: o CSI Camariñas.

Esta semana decidín poñer rumbo hacia outro punto da nosa vila, para ser máis exactos dirixíame a Camelle pero quixen poñer a lupa nun punto xeográfico do noso concello, nun cachiño da nosa terra que leva unha grande historia as súas espaldas, que merecería unha exploración con máis profundidade e tempo noutras seccións. Non esquenzo a cantidade de xente que teño aínda ca que falar ao igual que outros temas de contido diverso. Pero hoxe tocaba a Serra de Pena Forcada:
Atópome concretamente no punto máis alto do Concello de Camariñas, unha zona onde nacen tódolos regatos que van a desembocar a nosa Ria pola zona da Vasa, onde nace o Río do Pedrouzo en Xaviña, un punto de explotación mineira xa cunha antigüedade de dous séculos antes de Cristo: unha costume Celta, Romana que se extendería ata o Medievo e que tivo o seu fin xa entrado o século XIX. Como podemos observar nas fotos, a miña dereita temos o Cabo Vilán e Reira, de frente miña prácticamente toda a Ría e a miña esquerda Monte Branco. Ata alí fun contemplar o que parece unha praia afrodisíaca, un areal que non tocou a man do home, un lugar insólito que obriga a camiñar pola maleza do terreo para poder alcanzar o obxetivo, para amosarvos unha praia que ten de todo menos auga do mar pois atópase a máis de cen metros de altura do seu nivel. Apropiada para practicar nudismo e impecable para impactar nos ollos unha das zonas máis fermosas do mundo, e unha das poucas zonas que quedan vírxenes na explotada España. Praia formada na cima dun monte polos efectos do bing bang ou polas erosións do vento pero o caso é que a temos ahí.

O producto químico do que falamos é o wolframio. Usado para fortalecer o aceiro, para facer filamentos nas bombillas incandescentes, para electrodos de soldadura, reforzos eléctricos, e fabricación de aceiros especiais para máquinas etc. E tal a importancia do wolframio que ata hoxe en día os Estados Unidos posúen unha reserva del. O seu punto de fusión prodúcese a temperaturas de máis de 3400 grados centígrados, é o producto que máis calor necesita para fusionarse. O wolframio fixo repercutir o interés do Banco Pastor nestas minas, formándose polo ano 1943 a actual Fenosa e posteriormente Astano. Dahí a importancia da nosa explotación mineira extendida por Pena Forcada ata Pescadoira(Xaviña).
Cando en España sufrimos a Guerra Civil, os alemáns axudaron ao noso Xeneralisimo a ganar a contienda, éste despois recompensaría e axudaría indirectamente a Alemania a gañar a Segunda Guerra Mundial. Don Francisco Franco prestaría o porto de Camariñas para repostar os nazis combustibles, alimentos e outros enseres e productos onde destacaba o preciado wolframio. Proba desta axuda indirecta foi o aterrizaxe forzoso dun avión de guerra alemán na Area da Vila, concretamente o 13 de Agosto do ano 1944, ano no que unha persoa que sairía a luz da barriga da súa nai entre o susto ocasionado polo acontecido no noso areal, alí estaba moita xente marisqueando por aquela época, hoxe testigo de excepción do que vos estón relatando e que prefire quedar no anonimato. Soñado, vivido e contado por él a este que escribe, con probas que testifican o suceso. Conta que este avión estaba a altura das Quebrantes e do noso Faro Vilán facendo un rastrexo de control e sería atacado por tropas americanas, enimigas por aquel entonces, dahí o aterrizaxe forzoso deste aeroplano no mesmo sitio onde se atopa hoxe o Hotel Triñanes.

En fin, que un cachiño de patrimonio noso que leva encadenado moito que estudiar e intentar conservar,,,riqueza paisaxística e patrimonio Celta, Romano, etc, Como son os muiños e Castros ubicados ao longo dos nosos montes. Ata aquí o meu pequeno estudio desta semana, adicado desta vez case a unha pedra e unha praia de area fina e branca como a que hai no mesmísimo Caribe. Pedras que perforaban en busca dunha cor grisácea, aspecto oxidado, moi escaso na corteza terrestre según os químicos, duro e denso.
Agradezco a Marisol Soneira por mandarme a xunta unha persoa que ten moita sabiduría e textos escritos da nosa historia e xeografía,,,dende procedencia de apelidos ata datas históricas como o primeiro día de luz eléctrica en Camariñas e Concello. Quero tamen agradecer o apoio prestado por Kin, outro xenio da información e como non, ao máis importante de todos, ao anónimo que vivío parte do que se contou aquí hoxe,,,salgo de Pena Forcada profundamente agradecido do labor feito e emprendo ruta hacia unha zona do noso Concello, concretamente unha persoa que nos dirá como foi o que vivio na súa espectacular experiencia personal, pode saltar por Arou, pode saltar en Camelle, ahora si, non olvidar visitar estos fermosos lugares descritos hoxe aquí,,,!!Viva Camariñas!!,,,Ata a próxima veciños,,,,,,,,,,,,
Comentarios
Sigue asi Mikel,informánd onos destas historias e escribe algo no libro de visitas que se poñe de menos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.