- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Marzo 2008 07 Marzo 2008
Trala información en exclusiva que daba o pasado martes camarinas.eu do inicio das obras da 2ª fase do Paseo Marítimo de Camariñas, agora procedemos a publicar os planos do estado no que quedará o noso paseo ao final das mesmas. Sen lugar a dúbidas con este paseo rematado, Camariñas terá outro atractivo turístico máis a engadir aos seus xa míticos paraxes naturales e paisaxísticos.
Esta 2ª fase do Paseo continuará a línea lonxitudinal do xa existente, e como novidade podemos reseñar que as vellas pedras do malecón do Campo terán unha nova función como línea frontal exterior do novo paseo dende o muelle ata o propio Campo. A rotonda existente nos planos podería ser modificada, non sendo segura a súa construcción. Por outra banda, o punto estrela do novo proxecto será unha ponte colgante de liña curva ao estilo xaponés que unirá os dous extremos do "Poso do Muelle", dando un novo enfoque polo tanto ao muelle máis antigo da Costa da Morte xunto ao de Corcubión.




Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.